martes, 28 de abril de 2015

CHAMÁDEME SIMBAD

Xa queda menos para a visita de Francisco Castro, o escritor do libro Chamádeme Simbad, será o Luns 11.
Deixámosvos un audio no audiokiosko ivoox dun fragmento das primeiras páxinas. Paulo,o neno protagonista, está xogando no salón da casa co seu avó, enfermo de Alzheimer. Hai piratas por todas partes e os sofás son barcos. Un día o avó desaparece da casa e todo empeza a cambiar.



luns, 27 de abril de 2015

APADRIÑAMENTO LECTOR

No noso Colexio dende fai anos, como actividade de animación á lectura, e dentro do Proxecto de Lectura e Biblioteca  temos en marcha   o Apadriñamento lector.
Cada padriño ou madriña  ten asignado un afillado ou afillada de cursos inferiores para compartir a lectura durante un ratiño o Día do Libro .
Os alumnos  acolleron esta actividade, un ano máis, con moita emoción e  vanse desenvolvendo vínculos afectivos moi especiais entre eles.Os maiores síntense importantes preparando un conto para os pequenos , e éstos están encantados de recibir uns contacontos tan entregados.
Era un gustazo ver o patio do recreo. Había un ambiente de lectura inmellorable e un murmurio de historias que invitaba a sentarse e coller un libro.









xoves, 23 de abril de 2015

EXPOSICIÓN PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Durante estos días puidemos disfrutar da exposición de libros de lectura que trouxeron da casa os nosos rapaces e rapazas  con  temática matemática ou que o título contén algunha palabra relacionada.






GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
 

mércores, 22 de abril de 2015

DÍA MUNDIAL DO LIBRO




Este é o díptico elaborado polas Bibliotecas Escolares de Galicia, con texto de María Solar, para celebrar  o Día  Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

CORTOS DE ANIMACIÓN PARA TRABALLAR O DÍA DO LIBRO





Deixámosvos estos cortos de animación cun mesmo obxectivo : fomentar a lectura entre os máis novos.
Desexamos que vos gusten e despois de velos o único que vos apeteza facer sexa ler un libro.



xoves, 9 de abril de 2015

EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO




Ao longo deste curso, levamos realizando diferentes actividades relacionadas coas matemáticas. Para celebrar o día do libro queremos facer unha exposición con libros de lectura que teñades na casa relacionados con este tema. Poden ser de temática matemática ou que o título conteña algunha palabra relacionada co tema (A selva dos números, Os sete cabuxos, Os tres porquiños...)

Animádevos a participar!!!

mércores, 8 de abril de 2015

FOMOS DE TEATRO :"FRANKENSTEIN , TREME O MISTERIO"



Hoxe fomos ao teatro." Frankenstein, treme o misterio" foi a obra que nos representou o grupo Ghadafellos.

Unha aventura nas entrañas dun castelo onde os investigadores, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan se o  monstro de Frankenstein existe ou non. Cólanse dentro onde se atopan con Igor, unha estrana personaxe chepuda.  

 Frankenstein é un clásico da literatura,  é una obra que sempre está vixente xa que as veces, é complicado expoñer a monstruosidade á que pode chegar o ser humano por buscar a perfección. 
Iso pasoulle a Víctor Frankenstein e pasalles ás persoas que non se aceptan a si mesmas. De iso trata esta obra: da autoestima do ser humano.
Puidemos disfrutar dunha impresionante escenografía e grandes efectos especiais,  dunha aventura que ten pinceladas de cine negro e debuxos animados.