luns, 26 de setembro de 2016

A MÚSICA TRADICIONAL NA NOSA BIBLIOTECA



A música tradicional será o lema da nosa biblioteca durante este curso. Gustaríanos que lles preguntedes aos vosos avós e avoas, pais e nais sobre as cancións que máis lle gustaban cantar a eles cando eran pequenos. Investigaremos durante todo o curso e encheremos de música a nosa biblioteca.

Música e lectura, unha boa combinación coa que desexamos que disfrutedes. 








sábado, 24 de setembro de 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR- TERRITORIO DAS ARTES


 O lema escollido para as bibliotecas escolares galegas este ano é "Biblioteca escolar - Territorio das Artes". Nesta ocasión foi MINIA REGOS a ilustradora.
Con esta imaxe  Minia Regos  propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas.  Agora toca facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).


mércores, 14 de setembro de 2016

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO



As vacacións remataron e comezamos un novo curso. A nosa biblioteca abrirá as súas portas a partir de outubro. Este ano conxugaremos a lectura  coa música, unha moi boa combinación. Experimentaremos o pracer de expresarnos  a través da música dende a biblioteca.Seguro que disfrutaredes das actividades programadas tanto como nosotros preparándoas.

FELIZ CURSO E BOAS LECTURAS!!!