Páxinas
▼
luns, 26 de setembro de 2016
A MÚSICA TRADICIONAL NA NOSA BIBLIOTECA
A música tradicional será o lema da nosa biblioteca durante este curso. Gustaríanos que lles preguntedes aos vosos avós e avoas, pais e nais sobre as cancións que máis lle gustaban cantar a eles cando eran pequenos. Investigaremos durante todo o curso e encheremos de música a nosa biblioteca.
Música e lectura, unha boa combinación coa que desexamos que disfrutedes.
sábado, 24 de setembro de 2016
BIBLIOTECA ESCOLAR- TERRITORIO DAS ARTES
O lema escollido para as bibliotecas escolares galegas este ano é "Biblioteca escolar - Territorio das Artes". Nesta ocasión foi MINIA REGOS a ilustradora.
Con esta imaxe Minia Regos propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Agora toca facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática.
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
mércores, 14 de setembro de 2016
BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO
As vacacións remataron e comezamos un novo curso. A nosa biblioteca abrirá as súas portas a partir de outubro. Este ano conxugaremos a lectura coa música, unha moi boa combinación. Experimentaremos o pracer de expresarnos a través da música dende a biblioteca.Seguro que disfrutaredes das actividades programadas tanto como nosotros preparándoas.
FELIZ CURSO E BOAS LECTURAS!!!