Encontramos certo paralelismo entre a vida do protagonista e o propio autor: avós noruegos, vacacións en Noruega, accidente de familiares...
Tod@s nos demos conta de que o nome do personaxe principal non aparecía escrito por ningunha parte, era porque está escrito en 1º persoa.
Tod@s tiñamos as nosas propias opinións:
Damián; - Eu creo que o accidente dos seus pais foi provocado por unha bruxa, que quería evitar que a súa avoa seguise investigando. O neno é moi intelixente, sabe buscar solucións.
Pablo: - Sorprendeume dun xeito pouco agradable o aspecyo da gran bruxa.
Héctor: - Non me gustou que morreran os pais do protagonista.
A Claudia chamoulle a atención como a bruxa fixo os cálculos para aniquilar a todos os nenos ( pax 13).
Laura: - Paréceme connovedor que o neno quixera morrer cando a súa avoa.
Rebecca : - Gustoume cando o neno rato calculou o tempo que lle podía quedar de vida e que quixera non sobrevivir á avoa.
Nerea: - Sorprendeu o valente que foi entrando na cociña, sabendo que podía ser aplastado por calquera cociñeiro.
Aloia dixo que lle chamou a atención moito como a avoa deseñou un plan para axudar ao neto.
Ángel: O protagonista foi moi positivo e valente.
O tempo pasou moi rápido e aínda tiñamos moitas cousas que contar. Que mágoa!!
Pero... Xa temos novo libros: " AÏNDA quedan PIRATAS na COSTA da MORTE". SERÁ VERDADE???