Páxinas

martes, 20 de febreiro de 2018

PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROL. 5 DE FEBREIRO 2018

 ESTAMOS DE DESPEDIDA. ÚLTIMA REUNIÓN CLUB DE LECTURA DO PRIMEIRO GRUPO.


Eran tantas as cousas que tiñamos para comentar!!!!!!
Empezamos por... o libro " Prohibido leer a Lewis Carroll" Un libro cheo de situacións divertidas e curiosas, personaxes disparatados, situacións absurdas, nomes extravagantes e que nos revelaban unha característica do dono/a.
Coincidimos en que o final nos decepcionou, esperabamos algunha explicación máis sobre o que ocorriría con Alice e con Eugene.
Atapamos valores coma a sinceridade, o non querer mentir, o coñecemento...
Serviunos para reflexionar sobre que non é bo que nos prohiban facer cousas e coincidimos en recoñecer a importancia da imaxinación. Imitaremos a Alice e deixaremos voar a nosa imaxinación máis a miúdo.

Quixemos para rematar, facer un pequeno comentario sobre o sentido do club de lectura: foi divertido compartir opinións e doces durante estes meses, aprendemos dos demais e coñecémonos un pouco mellor entre nós, gustaríamos continuar ata xuño.

OLLO: " Non esquezades que aínda nos quedan dúas sesións xuntos en xuño"



Queremos agradecer ás mamás a súa colaboración, os seus doces fixeron as nosas xuntanzas máis agradables e moi apetitosas. Mil grazas.

Grazas familias. Estaba todo riquísimo.















venres, 2 de febreiro de 2018

DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da paz o Club de Lectura quixo facerlle unha pequena homenaxe a un  antigo alumno do cole. No camiño para a Paz é fundamental a Igualdade. Só cando tod@s teñamos as mesmas oportunidades e sexamos considerad@s iguais, a Paz estará máis preto. Isto é algo polo que o noso antigo compañeiro e alumno BORJA GÓMEZ leva loitando moito tempo. E que lle pasa a Borja? Pois que é un rapaz con capacidades diferentes. Con capacidades diferentes pero que subido a unha bicicleta é un máis. Compite cos mellores nas probas ciclistas ás que vai. Foi convocado pola Selección Galega e pola Nacional. Grazas á súa determinación e tesón, á da súa familia e o apoio do mundo do ciclismo, Borja compite nas mesmas condicións que os demais. Os que temos a sorte de coñecelo sabemos que o seu espíritu de superación non ten límite, que  é un traballador incansable e que a súa alegría  é contaxiosa. Grazas por ser ser como eres, CAMPIÓN.





COMENTANDO POESÍA





Acabamos de ter a terceira reunión do Club de lectura comentando POESÍA, " As receitas de Rosaura" de Isabel Blanco e ilustrado por Luz Beloso e "Un buen rato con cada plato" de Rafael Ordóñez e foi realmente SABOROSA e ARRECEDENTE. Como o seu nome indica son libros relacionados cos alimentos e coas receitas de cociña.

      AS RECEITAS DE ROSAURA: 
 Polas noites, Rosaura cociña. Afeción que non gustaba a un vecindario feminino celoso das súas    habilidades. Pero as receitas foron publicadas para que ti as aprenderas. Que non  che falten os trebellos, os condimentos nin os alimentos. Así poderás elaborar ricas receitas como:          

             AS MAZÁS VERMELLAS DO BOSQUE CON CARAMELO.
             TORTILLA DE FLORES DE ESPINACAS
             CANAPÉ DE QUEIXO FELIZ...          

      UN BUEN RATO CON CADA PLATO:
Adiviña, adiviñarás de que manxar se está a tratar. Pistas recibirás que te guiarán e ao final resolverás.
É un libro de poemas ou de adiviñanzas?  Pois como puidéchedes  averiguar coa súa lectura, trata as dúas cousas. Ricos pareados que nos  pasean por diversos alimentos dos que terás que adiviñar o seu nome. Cereais, froita, zume, sopa lentellas, peixe, chocolate, xeado, tortilla, salchichas e algún máis son os saborosos manxares escollidos polo escritor para que ti os descubras.

O que vós opinades:

"AS RECEITAS DE ROSAURA"
Bárbara  : Resultoume un pouco aburrido.
Héctor e Aarón: Pareceume curto.
Claudia: Fixen a receita das mazás e encantoume.
Yaiza: Pareceume pouco interesante.
Pablo: Había moita presentación e poucas receitas.
Damián: Gustoume a receita das salchichas pero cociñei a de Barquiñas verdes de aguacate da fermosa fada Mara.

"UN BUEN RATO CON CADA PLATO"
 Yaiza e Bárbara: Pareceunos moi interesante e divertido.
 Aarón: Gustoume que estivese dividido en distintas seccións: almorza, comida, merenda e cea.
 Pablo: O mellor foi que non só hai que ler, tamén hai que pensar.
 Héctor: Ten unhas poesías moi divertidas.  























O seguinte libro que imos ler é "Prohibido leer a Lewis Carroll". Averiguaremos quen é Lewis Carroll e porque está prohibido lelo? Xa volo contaremos...