Páxinas

xoves, 29 de novembro de 2018

IMOS DE TEATRO

Esta semana fomos de teatro grazas a FAMPO. Nesta ocasión a compañía Redrum Teatro representou aa obra "A nena que quería navegar". A historia está  basaba nun texto de Álex Sampayo e Borja F.Caamaño .
Unha historia máxica para loitar contra o acoso escolar a tavés do reforzo positivo e a mellora da autoestima.
Disfrutamos da historia e aprendimos moitas cousas  sobre o ACOSO.
Estamos desexando ter os libros desta historia nas nosas mans!!!

sábado, 17 de novembro de 2018

RELATOS DE MEDO PARA O SAMAÍN



Durante estas semanas estivemos, durante os recreos, escoitando relatos de medo escritos por moitos dos nosos alumnos e alumnas. Creouse un ambiente terrorífico!!! 


Incluso puidemos disfrutar do relato de Nico,  un dos relatos gañadores do concurso "Mamasiña que medo", organizado polo concello.

Moitas grazas a todos.
 Pasámolo de medo!!!

venres, 16 de novembro de 2018

OS BOLECHAS CHEGAN A PONTEAREAS

                                                                               


Coa exposición de balde da Deputación de Ponteareas "Gatiños, ghatiños, gatíos" ensinaránnos as diferentes variedades dialectais do galego dun xeito multisensorial, pedagóxico e divertido.
Podedes visitala na Praza da Música do 21 ao 30 de novembro coas vosas familias.
NON VOLA PODEDES PERDER!!!

xoves, 8 de novembro de 2018

NOVEMBRO MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Un ano máis, dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estase impulsando a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
 Cada ano  encárgaselle a un científico ou científica da nosa comunidade un manifesto  . 
O Manifesto deste ano 2018 está asinado por Luis Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, e ten frases tan interesantes como esta: 

 "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler"  

Recomendámosvos a lectura  deste manifesto  así como  o de Ángel Carracedo do 2014, tamén apaixonante.

Agora invitámosvos a ver o seguinte vídeo da campaña "EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA" , nela participarpn investigadores e investigadoras de diferentes ámbitos científicos.Ten como principal obxectivo demostrar a validez da língua galega tanto para a docencia como para a investigación.



xoves, 1 de novembro de 2018

SAMAÍN NA BIBLIOTECA



Un ano máis a nosa biblioteca vístese para celebrar o Samaín. Durante estos días puidemos disfrutar dunha selección de libros de MEDO  e esta semana escoitaremos historias terroríficas escritas por algúns compañeiros e compañeiras. 

ESPERÁMOSVOS NOS RECREOS!!! PASARÉMOLO DE MEDO!!!