Páxinas
▼
luns, 28 de xaneiro de 2019
A BIBLIOTECARIA DE BASORA
Mañán esperámosvos no recreo para que coñezades a historia desta bibliotecaria.
Alia Muhammad Baker é a bibliotecaria de Basora. Durante 14 anos a súa biblioteca foi un lugar de encontro para todos aqueles que amaban os libros . Ata que empezou a invasión de Iraq. Esta é unha historia real acerca da loita da bibliotecaria por salvar o valioso fondo da biblioteca e que nos lembra a todos que o amor pola literatura e o respecto polo coñecemento non coñecen fronteiras. Un libro baseado nunha historia real e actual.
A invasión de Iraq alcanzou Basora no 2003. Coa axuda de amigos e veciños, Alia Muhammad Baker, a directora da Biblioteca Central de Basora, conseguiu rescatar o setenta por cento da colección da biblioteca antes de que esta incendiásese nove días máis tarde. Contou tamén coa axuda de amigos e veciños, incluso de xente que non sabía ler nin escribir pero que sabían o tesouro tan grande que se podía perder.
Como dice a autora do libro :
"As bibliotecas e os libros son un lazo á vida e a amizade aínda en tempos difíciles"
venres, 25 de xaneiro de 2019
VOLUNTARIADO,UNHA EXPERIENCIA EN MARROCOS
Durante esta semana, Paula Abalde González estivo falándonos sobre a súa experiencia como voluntaria en Marrocos. Comezou falando do que é ser voluntario ou voluntaria e de que estas accións pódense facer tanto noutros países coma no noso. A continuación, contextualizou a súa experiencia en Marrocos, falou da súa xeografía (situación no mapa, paisaxe, clima, etc), da fauna, dos costumes, as tradicións e algunhas cousas típicas do país e da relixión. Ademais, explicounos a lingua que se fala nese lugar e dalgunhas diferencias que ten coa nosa. Por último, comentou as actividades que fixo como voluntaria en Tánger e Tetuán:
- TAM: centro de acollida de migrantes, neste lugar ofrécese axuda ás persoas que veñen doutros países de África fuxindo de situacións de pobreza ou guerras. O grupo co que foi impartiu obradoiros de psicoloxía, lingua española, de primeiros auxilios, de lactancia, entre outros. Ela encargouse do de español.
- Cruz Branca: centro de acollida de persoas con diversidade funcional, que en moitas situacións son rexeitadas polas súas familias. Alí ofreceu coidados, compañía e actividades lúdicas.
- Calcutas: neste caso participou en dous proxectos, por unha banda, axuda nas escolas infantís onde acollen a nenos e nenas de nais repudiadas. Por outra banda, axudou noutro no que un día á semana estas mulleres acollen a nenos da rúa e lle dan de comer, ropa limpa, coidados hixénicos, sanitarios e lúdicos.
- Carta que lle deu unha rapaza de alí: "Chámome amor, estou neste mundo para dar cariño aos corazóns da xente, dar alegría, fidelidade e paz"
- Reflexión de Carl Sagan con respecto ao pálido punto azul:"Esta imaxe recalca a nosa responsabilidade de tratarnos con amabilidade os uns aos outros, de preservar e valorar o pálido punto azul. O único fogar que coñecemos."
- A palabra ubuntu:"A felicidade dos que nos rodean é a nosa, un non pode ser feliz se os que o rodean non o son"
MOITAS GRAZAS PAULA POR COMPARTIR CON TODOS NÓS A TÚA EXPERIENCIA!!
martes, 22 de xaneiro de 2019
ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN NAS LECTURAS COMPARTIDAS
Os cursos
de 5ª A e 1ª A iniciaron a actividades de " LECTURAS
COMPARTIDAS" o venres, 18 de xaneiro, na biblioteca da aula.
Comezaron
os nenos de 5ª, os que titularon a actividade: " Animais en perigo
de extinción", Os animais dos que falaron foron: a lebre do piornal, o
lince ibérico e a malvasia cabecibranca.
Houbo
exposicións dos traballos de investigacións, contos e ata xogos.
Foi unha
sesión moi divertida.
Continuaremos o vindeiro venres.
Parabéns
a 5ºA polas súas exposicións e a 1ª A por estar moi atentos.
Parabéns
aos dous grupos polo respecto que se mostraron.
sábado, 12 de xaneiro de 2019
SEGUIMOS COMPARTINDO LECTURAS
Os maiores continúan compartindo lecturas cos pequenos. Neste caso, antes de empezar a ler, cada padriño ou madriña entregoullle a portada do libro, sen o título, e eles tiñan que imaxinalo e explicar o posible argumento do libro. Para rematar a actividade tiveron que facer con plastilina o personaxe, animal u obxeto que máis lle chamara a atención con axuda do seu padriño ou madriña .
Creáronse momentos moi especiais e que xa están desexando repetir.