Páxinas

xoves, 26 de setembro de 2019

20 ANIVERSARIO DE HARRY POTTER


Xa fai vinte anos que se publicou en España, por primeira vez, a historia de Harry Potter, un dos magos máis famosos da literatura.
Encantounos a historia deste neno tímido, humillado polos seus tíos e o seu primo e que tiña que vivir baixo unha escaleira...ata que a chegada dunha carta e un misterioso visitante cámcianlle a súa vida.
Liches xa algún libro de Harry Potter? Gústanche os seus personaxes e historias?
Si é así non dudes en facer este test de Harry Potter, as preguntas están sacadas dos libros.
https://es.testsworld.net/test-harry-potter.html

A saga dos libros de Harry Potter está composta por un total de 7 novelas escritas pola británica J.K Rowling. Cóntannos as aventuras deste aprendiz de mago e a súa estancia na escola de maxia e feitizos. Alí coñece aos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley.
Toda a saga xira entorno á loita entre Harry Potter e o malvado mago Lord Voldemort, quen matou aos seus país.

Sete son os libros que componen esta saga:

  •  Harry Potter e a pedra filosofal
  •  Harry Potter e a cámara dos segredos
  •  Harry Potter e o preso de Azkaban
  •  Harry Potter e o cáliz de fogo
  •  Harry Potter e a orde do fénix
  •  Harry Potter  e  o misterio do príncipe
  •  Harry Potter e as reliquias da norte

Non vos esquezades que na nosa biblioteca contamos con algún exemplares.

venres, 20 de setembro de 2019

BENVIDOS Á MAXIA DA LECTURA


Benvidos ao novo curso. Como xa sabedes temos a nosa biblioteca en obras, pero xa lle falta menos.

En todas as bibliotecas hai moita maxia, xa que está nos libros e nas persoas que os len, nas palabras, nas imaxes e na música...

Este ano vai ser MÁXICO porque o noso proxecto vai estar cheo deste tema. 

Faremos exposicións de libros sobre bruxas e magos, trucos, encantamentos e feitizos, aprenderemos trucos de maxia…

VIVAMOS A "MAXIA" DA LECTURA!