Páxinas

xoves, 31 de outubro de 2019

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN


Os máis peques do cole disfrutaron dos contos de medo que lle contaron as profes. Foron momentos moi especiais!!!

A MAXIA DA LECTURA



Hoxe, día das bibliotecas escolares propoñémosvos unha actividade. Despois de ver este curto teredes que inventarvos unha historia, unha historia que incentive a visitar a biblioteca e a ler.

Se vos animades a participar podedes entregarllos aos vosos profesores ou profesoras. Iremos subindo algúns ao blog para que todos podamos disfrutar das vosas historias.

ANIMÁDEVOS!!

mércores, 23 de outubro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Dende 1997 celébrase o Día da Biblioteca o 24 de outubro,  conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil . Esta asociación, membro da OEPLI, facilita na súa páxina o cartel e o pregón para esta conmemoración, obra desta vez do ilustrador Miguel Calatayud e  a escritora Gemma Pasqual.

Este ano o Ministerio de Cultura e Deporte propón,  pola súa parte a incorporación do lema "aptas para todos os públicos", co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero. As bibliotecas escolares galegas teñen o seu propio lema para este curso BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA que conta cunha imaxe propia creada por Óscar Villán.

A biblioteca escolar é a primeira coa que entran en contacto os nenos e as nenas, con ela aprenden a usar as outras bibliotecas , son espazos do coñecemento e lecer nos que pasan moitas cousas , lugares para a igualdade e a diversidade. (ASESORÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS)


xoves, 17 de outubro de 2019

ENTRE FOLLAS XA EN MARCHA


Entre Follas, club de lectura de profesores e profesoras, deste ano xa está en marcha.
Falamos sobre o último libro lido "La verdad sobre el caso Harry Quebert" .  A próxima lectura
será "Ollos de auga" de Domingo Villar.

MOCHILAS VIAXEIRAS


Xa están en marcha as mochilas viaxeiras. Fixádevos na cara de Carla. 
Que gañas de abrila coa familia e de empezar a disfrutala!!!