Páxinas

martes, 22 de decembro de 2020

Nadal Máxico

 ... e rematamos o ano coa actuación do Mago Chirleta, que visitou as aulas de infantil grazas ao programa "Máxica...mente". Que teñades unhas boas e máxicas vacacións!




O Castiñeiro Científico

Nun ano no que se falou tanto de Ciencia, desde a Biblioteca tamén quixemos facer a nosa aportación elaborando este Castiñeiro Científico. As súas follas son palabras relacionadas coa Ciencia, escollidas polo alumnado do colexio. Esperamos que sirva de agradecemento para todas esas persoas que, desde a Ciencia, intentan facer un mundo mellor. Grazas!


O Castiñeiro Científico


Bambán de vento

Entre as recomendacións lectoras para o Nadal, deixamos unha que nos fai especial ilusión: o libro da nosa compañeira Hortensia Bautista, acompañado das fermosas ilustracións de Aurora Quinteiro.

RESEÑA Bambán de vento é un convite a viaxar polo contorno desde o apego á paisaxe e cultura propias. Debullando lembranzas, vivencias e soños, a nena anímanos a partillar os tesouros agochados na nube da memoria e liberalos do baúl do esquecemento.

xoves, 17 de decembro de 2020

martes, 15 de decembro de 2020

Mago Goma

Entre os moitos libros que podemos atopar no rincón de maxia da biblioteca está o do  Mago Goma. A pasada semana veu un mago que o coñece moi ben e contounos a súa historia!





              Podes coñecer a historia do Mago Goma AQUÍ

venres, 4 de decembro de 2020

Coñece os teus dereitos!


Este mes conmemóranse varios días internacionais. Na seguinte PRESENTACIÓN podes informarte sobre Dereitos Humanos e da Infancia, sobre o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e tamén, acerca da Constitución Española!

xoves, 3 de decembro de 2020

Mes da Ciencia na Biblioteca!

Novembro foi o mes da ciencia e desde a biblioteca do colexio  organizamos distintas actividades. Nunha delas, grazas ao proxecto "Máxica...mente",  descubrimos que detrás dalgúns xogos de maxia hai unha explicación... científica!

mércores, 25 de novembro de 2020

DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Hoxe 25 de novembro, no CEIP Fermín Bouza Brey queremos sumarnos ao movemento laranxa promulgado por ONU MUJERES, para combater a violencia de xénero contra as mulleres e as nenas, a máis estendida en todo o mundo. Para formarnos e informarnos, deixámosvos algunhas suxerencias a favor da coeducación e a igualdade.

venres, 20 de novembro de 2020

Todo un mundo en bibliotecas (CEIP Fermín Bouza Brey)

Grazas a todo o alumnado que colaborou na actividade "Todo un mundo en bibliotecas". A partir dos  vosos debuxos, montamos este vídeo no que  facemos unha viaxe polas bibliotecas pensadas e soñadas por vós. Desfrutade!




mércores, 18 de novembro de 2020

A apariciòn do Mono Sìlabo

O Mono Sílabo leva desde principio de curso axudándonos a coñecer mellor as letras. Esta semana, grazas ao proxecto "Máxica...mente", no que participa a biblioteca do cole, tivemos a posibilidade de coñecelo persoalmente!


martes, 17 de novembro de 2020

Un mundo de lecturas

  As bibliotecas esconden un mundo de lecturas esperando ao viaxeiro que as descubra. Sé valente como o Principiño e busca entre os andeis!





xoves, 12 de novembro de 2020

Proxecto "Maxica...mente"

 Desde  o rincón da maxia da nosa biblioteca, seguimos colaborando co proxecto "Maxica...mente". Despois de traballar a lecto escritura escribindo entre todos un conxuro máxico... fixemos aparecer o Mono Sílabo!



                                      Quen é o Mono Sílabo?

martes, 10 de novembro de 2020

Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenrolo

Nun ano no que a Ciencia está sendo tan importante, no colexio imos celebrar este día "plantando"un castiñeiro moi especial do que non caen castañas se non palabras relacionadas co mundo da ciencia. Proximamente compartiremos o resultado!



xoves, 5 de novembro de 2020

IV Edición do Certame de Relatos "Ai mamasiña que medo!"

 Noraboa a Brais Vázquez (5ºB) e Alba Campos (5ºA), os alumnos do noso colexio que gañaron o certame de relatos de medo que organiza o Concello de Ponteareas. Aquí hai futuro!



                            Podedes ler a noticia completa  AQUÍ

xoves, 29 de outubro de 2020

No CEIP Fermín Bouza Brey... perdemos a cabeza polos libros!

Lecturas do Samaín


                     Desexámosvos un bo e lector Samaín!


                        Algunhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS TERRORÍFICAS

xoves, 22 de outubro de 2020

NORMAS DA BIBLIOTECA

 Este ano é moi importante  coñecer o funcionamento da biblioteca. Cumprindo estas normas de uso axudarás a que todos poidamos seguir desfrutando da nosa biblioteca!


         Podes descargar as normas de uso da biblioteca AQUÍ


mércores, 21 de outubro de 2020

BIBLIOTECAS DO MUNDO

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. A nosa é unha das moitas que hai no mundo... queres coñecer algunhas das máis famosas? Observa atentamente a seguinte presentación. 


Podes descargar a presentación AQUÍ

martes, 20 de outubro de 2020

Aquí estamos de novo!

 Curso 2020/ 2021

Este setembro comezamos o curso máis difícil das nosas vidas. Cheo de inquedanzas , inseguridades...con moitas interrogacións para todos.

Na Fraga dos Soños, na nosa Biblioteca, tamén houbo moitos cambios. Agora tomando impulso para continuar coa tarefa comezada , iniciamos a andaina deste curso esperando que as circunstancias nos permitan os mellores momentos lectores posibeís.

 Como diría Mafalda...



Queres coñecer mellor a esta personaxe creada por Quino e que tantos bos ratos nos fixo pasar? PREME AQUÍ 

martes, 16 de xuño de 2020

LECTURAS REFRESCANTES PARA ESTE VERÁN


Entre baño e baño este verán seguro que teremos un ratiño para mergullarnos na lectura e enchelo de AVENTURAS, DIVERSIÓN e FANTASÍA
Se clicades AQUI poderedes atopar as nosas recomendacións lectoras para este verán.


FELICES LECTURAS REFRESCANTES!!!



ENCERRANDO O TEMPO NUNHA CÁPSULA

Estos meses seguro que ninguén poderá esquecelos na súa vida. Por iso dende a biblioteca propuxemos esta actividades. Fóchedes moitos os que vos animáchedes a mandarnos as fotos das vosas cápsulas cos vosos recordos.






Os que todavía non vos deu tempo animádevos a facelas no verán.

 QUE EMOCIÓN CANDO AS  ABRADES DE NOVO DENTRO DUNS ANOS!!


luns, 8 de xuño de 2020

MÁIS CÁPSULAS DO TEMPO

Asier, Alba de 4º A  e Hugo Souto e Xabi de 4º C tamén se  animaron a crear ás súas cápsulas do tempo. 






Animádevos a crealas e mandarnos a foto.

BOA SEMANA!


xoves, 4 de xuño de 2020

PRIMEIRAS CÁPSULAS DO TEMPO

Xa empezan a chegar as vosas cápsulas do tempo. Encántannos ver as vosas creacións.









ANIMÁDEVOS A SEGUIR PARTICIPANDO!
VAI SER UNHA MARAVILLOSA E INESQUECIBLE EXPERIENCIA!


sábado, 30 de maio de 2020

CÁPSULA DO TEMPO

  Fomas parte da historia e estás a vivir unha experiencia que dentro duns anos contarás a outras persoas que aínda non naceron. Para deixar testemuño deste momento podemos construír unha cápsula do tempo. A continuación explicámosche como facela. Antes de agochala  por uns anos faille unha foto e compartea na bitácora.


                      

Se queres imprimir o documento para facela podes clicar  AQUI

ANIMÁDEVOS A FACELA!

ESTAMOS DESEXANDO VER AS VOSAS FOTOS!




venres, 15 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O Día das Letras Galegas é unha data para  rememorar  a figura dun gran escritor e difundir asi a nosa Língua. Este ano homenaxéase a Ricardo Carvalho Calero.
Deixámosvos este vídeo, narrado por alumnado do colexio San Pío X de Ourense, por se queredes coñecelo un pouco mellor.

              
As pitas baixo a choiva foi escrito por él. Aqui vos deixamos este pequeno vídeo donde vos contan a historia destas pitas.


                

      FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

venres, 8 de maio de 2020

MÁIS QUE SE APUNTAN AO RETO

Nico de 3º B e Laura e Noa de 4ºA quixeron apuntarse ao noso reto. Aquí vos deixamos as súas historias.




                                       






xoves, 7 de maio de 2020

CONTANDO HISTORIAS CON TÍTULOS DE LIBROS

A profe Ana de 3º B, decidiu contarlle unha historia aos seus alumnos e alumnas con títulos de libros que tiña na casa. Hoxe quere compartila con todos nos.



Estela, decidiu imitar á profe e mirade que historia tan bonita lle saíu.


A ver se alguén máis se anima, a contarnos máis historias con títulos de libros de casa.

                        Esperamos os vosos vídeos!!!


EU LEO NA CASA!!

TODO VAI SAÍR BEN!!!


                                       

xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO


Aínda que hoxe é o día do libro, xa levamos varias semanas celebrándolo con todos vos  na distancia.
Encantounos a vosa participación nos retos que vos propuxemos.

Pero...Faltaban todavía as recomendacións do noso mago favorito, O MAGO CHIRLETA. Moi atentos ás súas recomendacións

´                     

                              FELIZ DÍA DO LIBRO!!
                       
EU LEO NA CASA!!

TODO VAI SAÍR BEN!!!

DÍA DO LIBRO

O profe Diego tamén fixo a súa selección de recomendacións. Pero as de él son para adultos.       

                     

A teacher Bea tamén quixo participar,pero costoulle demasiado decidirse. Se queredes ver o vídeo da súa escolleita clicade AQUI.



                             FELIZ DÍA DO LIBRO!!
                     
EU LEO NA CASA!!


TODO VAI SAÍR BEN!!!







mércores, 22 de abril de 2020

CONTINUAMOS CON RECOMENDACIÓNS


Iria, Rita, Laura, Enzo, Miguel e Lucas  tamén queren facer as súas recomendacións.
Seguide anotando na vosa libreta de lecturas pendentes ,os libros que vos interesen.


                                      









EU LEO NA CASA!!

TODO VAI SAÍR BEN!!!



RECOMENDACIÓNS DA PROFE ANA

Collede lápiz e papel para anotar as recomendacións da profe. Unha é para vós e as outras para os adultos, avisádelle a mamá ou a papá por se eles tamén queren tomar nota.



EU LEO NA CASA!!

TODO VAI SAÍR BEN!!!


A BIBLIOTECA MUNICIPAL CELEBRA O DÍA DO LIBRO

Mañán celébrase o Día do Libro e a Biblioteca Municipal de Ponteareas prepara contos e representacións dixitais. Se queredes máis información só tendes que clicar AQUI.


EU LEO NA CASA!!

TODO VAI SAÍR BEN!!!


martes, 21 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS DE IRMÁNS

Temos irmáns moi lectores e proba disto son Xurxo e Iria e Eloy e Nerea.
 Que importante é o exemplo dos irmáns ou irmás maiores!


                                            SHAILA







EU LEO NA CASA!!

TODO VAI SAÍR BEN!!!