Páxinas

luns, 19 de abril de 2021

Semana do libro

 Comezamos a Semana do Libro no CEIP Fermín Bouza Brey cunha gran estrea!!

Queremos presentar o froito dun proxecto que empezou alá no mes de xaneiro, con motivo do Día da Ilustración.

Queríamos poñer en valor o traballo de debuxantes e ilustradores, e fomos á procura deles no cole, grandes pequen@s artistas que con enxeño imaxinaron un Don Moucho renovado.

Entón lembramos a un antigo alumno do cole, que pasou toda a súa etapa escolar polos nosos corredores, aulas e patios e que converteu a súa paixón polos libros e o debuxo na súa profesión, Pablo Prado, autor de banda deseñada e ilustrador, formado na escola de Garaxe Hermético, de Pontevedra.

Foi fermoso que aceptase o proxecto de crear para a nosa biblioteca unha historia cos seus debuxos. Ideou un libro. As aventuras de Don Moucho, unha viaxe lectora por mundos soñados coas personaxes dalgunhas das lecturas preferidas do noso alumnado.

Queremos dar as grazas a Pablo Prado por "ilustrar" as paredes da Fraga dos Soños coa ilusión de viaxar por unha morea de mundos. Mundos pola equidade e igualdade, pola diversidade e inclusión, mundos de ciencias e de letras, mundos do pasado e do futuro, mundos pola xustiza...Unha chea de mundos por ler e viaxar!












Ningún comentario:

Publicar un comentario