Páxinas
▼
Se dubidas en apuntarte o vindeiro curso ao Club de Lectura do CEIP Fermín Bouza Brey... observa atentamente as imaxes!
Moitas grazas ao profesorado e ao alumnado que fixestes posible un ano máis de aventuras, coñecemento, sensibilización, debates...
O curso que ven, máis e mellor!
No noso cole.. todos os días son Día das Letras Galegas!
Exposición de libros dos Bolechas en homenaxe as Letras Galegas. Tampouco nos esquecemos de Fermín Bouza Brey!
Mural en homenaxe a Xela Arias
Carme, Uxía, Xan, Sabela, Breixo, Breogán... len en galego con Xela!
Estes días estamos coñecendo moitas cousas sobre a vida e a obra de XELA ARIAS, a poeta homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
Neste vídeo podedes coñecer a historia da Real Academia Galega e do Día das Letras Galegas.