Páxinas

venres, 29 de abril de 2016

APADRIÑAMENTO LECTOR NO DÍA DO LIBRO




Por fin chegou o gran día! Un día cheo de lecturas, emocións e ilusións. Un día no que se comparte moito máis que lectura, é unha das actividades favoritas tanto dos maiores coma dos pequenos. Cada ano todo o alumnado agarda revivir impacientes todos os sentimentos provocados polas historias lidas con tanto agarimo.As palabras voaban dos libros provocando sorrisos, conversas e aloumiños. Moitos intercambiáronse agasallos como lembranza dese momento.
Xa son moitos  anos celebrando esta festa pero segue a mesma ilusión entre padriños e afillados.

Foi un auténtico pracer!!!
Parabéns a todos e todas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario