Páxinas

luns, 14 de maio de 2018

"Aínda quedan piratas na Costa da Morte"


"Piratas, o que son piratas de verdade xa non quedan, pero Xoán e Marcos compórtanse coma se fosen: son ruíns,  ansían o tesouro e  ata pelexan en serio".

Tivemos a nosa penúltima xuntanza para comentar o libro" Aínda quedan piratas na Costa da Morte", o cal  a todos nos pareceu un libro entretido e cunha bonita historia, aínda que o vocabulario ás veces resultaba un pouco complicado, o que facía máis difícil a comprensión.

Houbo dúas cousas que non nos agradaron:
Que se poidese considerar nun principio, que vir de vacacións a GALICIA fose un castigo, e sobre todo que as imaxes que aparecen, ao ser en branco e negro, son moi tristes e nós pensamos que na NOSA TERRA a paisaxe é espectacular e alegre: os prados e bosques verdes , o ceo e o mar moi azuis e con moita luz.

Pareceunos moi interesante que se nomen lugares da xeografía e aspectos da cultura de Galicia que existen de verdade: San Andrés de Teixido, comentamos que se algunha vez imos aló debemos ter coidado de non pisar os animais por se acaso, a queimada e os conxuros nas festas e reunións.

Tamén nos gustou:
 - Que Héctor cambiara tanto durante a súa estancia na casa dos tíos.
 - Que descubrira o gusto pola lectura grazas a Carolina.

Falamos de premonicións e da interpretación dos nosos soños.






















Preparados para comezar a nosa última lectura proposta" PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL", sabemos polo que nos comentaron os compañeir@s que vai ser unha lectura moi, pero que moi divertida e que engancha dende a primeira páxina.