"Piratas, o que son piratas de verdade
xa non quedan, pero Xoán e Marcos compórtanse coma se fosen: son
ruíns, ansían o tesouro e ata pelexan en serio".
Tivemos a nosa penúltima xuntanza para
comentar o libro" Aínda quedan piratas na Costa da Morte", o cal a todos nos pareceu un libro entretido e cunha bonita historia, aínda que o vocabulario ás veces resultaba un pouco complicado, o que facía
máis difícil a comprensión.
Houbo dúas cousas que non nos
agradaron:
Que se poidese considerar nun
principio, que vir de vacacións a GALICIA fose un castigo, e sobre
todo que as imaxes que aparecen, ao ser en branco e negro, son moi
tristes e nós pensamos que na NOSA TERRA a paisaxe é espectacular e
alegre: os prados e bosques verdes , o ceo e o mar moi azuis e con moita luz.
Pareceunos moi interesante que se
nomen lugares da xeografía e aspectos da cultura de Galicia que existen de
verdade: San Andrés de Teixido, comentamos que se algunha vez imos
aló debemos ter coidado de non pisar os animais por se acaso, a
queimada e os conxuros nas festas e reunións.
Tamén nos gustou:
- Que Héctor cambiara
tanto durante a súa estancia na casa dos tíos.
- Que descubrira o
gusto pola lectura grazas a Carolina.
Preparados para comezar a nosa última lectura proposta" PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL", sabemos polo que nos comentaron os compañeir@s que vai ser unha lectura moi, pero que moi divertida e que engancha dende a primeira páxina.