luns, 26 de outubro de 2015

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o Mes das Bibliotecas escolares propoñemos por unha banda  actividades relacionadas co lema deste ano, Biblioteca escolar, base de exploración:

-Exposición de diferentes libros de consulta nos que poderedes atopar as respostas ás preguntas que veredes aparecer polos corredores do centro.
-Exposición de libros de lectura de viaxes, exploracións, aventuras...





Por outra banda, actividades relacionadas co lema escollido para a nosa biblioteca este curso, Un libro...o mundo máxico da lectura.

  • Infantil coloreará o debuxo que lles proporcionará o equipo
  • Primeiro e segundo ciclo plasmarán o lema nun debuxo.
  • Terceiro ciclo elaborará un cartel publicitario no que apareza o lema.
Todos os traballos serán expostos nos corredores e escollerase un por ciclo que logo utilizarémolos como logo para as guías de lectura deste curso.O 26 daranse a coñecer os elixidos.




venres, 23 de outubro de 2015

CERTAME DE RELATOS DE MEDO



Dentro duns días celebraremos o Samaín. A Biblioteca volve convocar o Certame de relatos de medo. Este ano pedimos que os relatos teñan algo que ver co lema proposto ,Un libro...o mundo máxico da lectura.Poden participar todos os cursos que o desexen.
Os alumn@s que queiran lelos poderán facelo na Biblioteca nas datas que vos comunicaremos. Poden tamén representalos e disfrazarse para a representación. Animádevos a facelo xa que para os espectadores resulta máis divertido.

PASARÉMOLO DE MEDO!!!

xoves, 22 de outubro de 2015

MARCHA SOLIDARIA CONTRA O CANCRO DE MAMA

Este luns 19 de outubro,  estivemos apoiando ás víctimas do cancro de mama e aos seus familiares. Unha “Marea Rosa”  invadiu a nosa vila para reivindicar máis sensibilidade e maior colaboración de persoas e instituciós na  loita contra este cancro. Escolares do municipio, acompañados de profesores, familiares e veciños puidemos disfrutar desa mostra de solidariedade. Un día moi positivo e inolvidable.










sábado, 3 de outubro de 2015

I MARCHA SOLIDARIA EN APOIO AOS ENFERMOS DE CANCRO DE MAMA

Este ano dende a biblioteca queremos crear un espazo para a SOLIDADRIEDADE  apoiando diferentes accións. Unha das primeiras vai ser a participación na  I MARCHA SOLIDARIA EN APOIO AOS ENFERMOS DE CANCRO DE MAMA o día 19 deste mes.


Na saída e chegada cantaremos e bailaremos todos xuntos  a canción “HOY TODO VA A SALIRME BIEN” de “EL ARREBATO”.
Deixarémosvos o enlace ao vídeo titorial para que vaiades practicando.