mércores, 25 de novembro de 2020
DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Hoxe 25 de novembro, no CEIP Fermín Bouza Brey queremos sumarnos ao movemento laranxa promulgado por ONU MUJERES, para combater a violencia de xénero contra as mulleres e as nenas, a máis estendida en todo o mundo. Para formarnos e informarnos, deixámosvos algunhas suxerencias a favor da coeducación e a igualdade.
venres, 20 de novembro de 2020
Todo un mundo en bibliotecas (CEIP Fermín Bouza Brey)
Grazas a todo o alumnado que colaborou na actividade "Todo un mundo en bibliotecas". A partir dos vosos debuxos, montamos este vídeo no que facemos unha viaxe polas bibliotecas pensadas e soñadas por vós. Desfrutade!
mércores, 18 de novembro de 2020
A apariciòn do Mono Sìlabo
O Mono Sílabo leva desde principio de curso axudándonos a coñecer mellor as letras. Esta semana, grazas ao proxecto "Máxica...mente", no que participa a biblioteca do cole, tivemos a posibilidade de coñecelo persoalmente!
martes, 17 de novembro de 2020
Un mundo de lecturas
As bibliotecas esconden un mundo de lecturas esperando ao viaxeiro que as descubra. Sé valente como o Principiño e busca entre os andeis!
xoves, 12 de novembro de 2020
Proxecto "Maxica...mente"
Desde o rincón da maxia da nosa biblioteca, seguimos colaborando co proxecto "Maxica...mente". Despois de traballar a lecto escritura escribindo entre todos un conxuro máxico... fixemos aparecer o Mono Sílabo!
Quen é o Mono Sílabo?
martes, 10 de novembro de 2020
Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenrolo
Nun ano no que a Ciencia está sendo tan importante, no colexio imos celebrar este día "plantando"un castiñeiro moi especial do que non caen castañas se non palabras relacionadas co mundo da ciencia. Proximamente compartiremos o resultado!
xoves, 5 de novembro de 2020
IV Edición do Certame de Relatos "Ai mamasiña que medo!"
Noraboa a Brais Vázquez (5ºB) e Alba Campos (5ºA), os alumnos do noso colexio que gañaron o certame de relatos de medo que organiza o Concello de Ponteareas. Aquí hai futuro!
Podedes ler a noticia completa AQUÍ
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)