O equipo da biblioteca e toda a comunidade educativa do CEIP Fermín Bouza Brey deséxavos un BO NADAL E FELICES LECTURAS.
sábado, 24 de decembro de 2016
xoves, 22 de decembro de 2016
FESTA DE NADAL
Para que recordedes algúns momentos do festival de Nadal, deixámosvos unha pequena mostra de fotos dos diferentes cursos asi como da actuación do noso mago particular, o profe Fernando.
FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!
domingo, 18 de decembro de 2016
CANTOS DE NADAL E DE REIS
Noutros tempos era tradición nas nosas parroquias ir cantar polas casas nestas festas de Nadal. Percorríanse as aldeas ou parroquias cantando panxoliñas, cantos de Nadal e cantares de Reis, toda unha tradición oral relacionada con esta épocal. Estas fermosas pezas de literatura popular foron transmitidas oralmente ó longo dos séculos. Solicitábase o aguinaldo despois de cantar, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.),.
Os Reises cantamos pedindo aguinaldo
chourizas, touciño pra face-lo caldo.
Pra face-lo caldo, pra face-lo caldo,
chourizas, touciño pedindo o aguinaldo
Pola zona sur da provincia de Pontevedra conservamos a nosa propia tradición de cantos de Nadal. As rondallas e os Ranchos de Reis son a expresión típica destas comarcas. Estes grupos percorren as parroquias durante estas datas.
Os músicos da rondalla visten dun xeito uniformado, levan capas, usan boina e preside a comitiva un abandeirado.
Os músicos da rondalla visten dun xeito uniformado, levan capas, usan boina e preside a comitiva un abandeirado.
martes, 13 de decembro de 2016
RANCHOS DE REIS
Os Ranchos de Reis son danzas típicas de Ponteareas, Mondariz, Salceda de Caselas, Redondela e outras localidades da comarca do Condado. Saen o 5 e 6 de xaneiro e percorren as rúas entoando cantigas populares ó ritmo das pandeiretas e doutros instrumentos que acompañan as danzas.
As danzas que se executan son xeralmente de paus, arcos, cintas ou castañolas. Debemos sinalar que nas danzas de paus e de cintas hai un posible significado solar vinculado ó ciclo anual do Sol: nelas dánzase ó redor dun pau central con fitas de cores que son sostidas polos danzantes que se entrecruzan e trazan círculos cada vez máis pequenos mentres as van trenzando sobre este eixo ata quedaren tódalas fitas trenzadas no pau. Despois, destrenzanas ata abriren totalmente o colorido círculo de fitas simbolizando, dalgún xeito, o renacer anual do Sol tralo solsticio de inverno. Os danzantes levan espellos e obxectos reflectantes nas súas coroas o que fai pensar aínda máis no carácter solar do baile.

En torno ás datas do Nadal, na nosa comarca, existen fermosas tradicións onde a música, o canto e a danza son os protagonistas. Hoxe, moitas das vellas tradicións e dos antigos ritos perdéronse e outras van camiño de esmorecer, pero aínda hai xente que se resiste a perdelas e co seu traballo manteñen vivo o lume da nosa cultura.
martes, 29 de novembro de 2016
CANCIÓN CONTRA A VIOLNCIA DE XÉNERO
Dende a nosa biblioteca queremos difundir unha mensaxe de respecto ao ser humano , e en especial ás mulleres que sofren da violencia doméstica ou calquera outro tipo de abuso . Gustaríanos que todos nos sexamos mensaxeiros para espallar este sentimento de rexeitamento contra este terrible problema.
Deixámosvos esta canción para reflexionar un pouco sobre a situación que están vivindo moitas mulleres.
Deixámosvos esta canción para reflexionar un pouco sobre a situación que están vivindo moitas mulleres.
martes, 22 de novembro de 2016
LECTURA PARA TRABALLAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe recomendámosvos unha boa lectura para reflexionar sobre a violencia de xénero.
Sonia, Nata, xa non é a chica marxinada e olvidada da clase. Tras superar a súa timidez e facerse valer ante os seus compañeiros, sabe que este curso será moi distinto. Ademáis, na súa clase estará Juan, Chocolate,o seu gran amigo. Pero os problemas volverán á aula, neste caso para Pedro, outro dos compañeiros de Sonia. O neno falta moito a clase, moi descoidado e sen libros. Nata decidirá investigar e descubre que Pedro e a súa nai sufren malos tratos por parte do pai deste. A nena pedirá axuda a seu pai, que intervirá xunto á nai de Juan para tratar de salvalos antes de que sexa demasiado tarde.
martes, 15 de novembro de 2016
INVESTIGANDO SOBRE O NOSO TRAXE TRADICIONAL
O alumnado de 5º e 6º estiveron investigando sobre o noso traxe tradicional e tamén recolleron algunhas cantigas.
Deixámosvos unha pequena mostra do seu traballo.
Deixámosvos unha pequena mostra do seu traballo.
domingo, 13 de novembro de 2016
CHARLA SOBRE O TRAXE GALEGO
Este venres visitáronnos Bea e Carlos para falar sobre o traxe galego, a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata o século XX. Contáronnos que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, entre os usados no interior de Galicia e os da costa.Trouxéronnos distintos exemplares para observar as diferenzas entre estos.
Durante os días anteriores a súa visita estivemos investigando e informándonos sobre as diferentes partes que compuñan o traxe feminino e o masculino e o deixamos reflexado nun mural.
Moitos remataron a xornada pensando en apuntarse a algún grupo de baile.
GRAZAS CARLOS E BEA POLA VOSA VISITA!!!

martes, 8 de novembro de 2016
A NOSA MÚSICA NOS CORREDORES
Como xa sabemos, a música tradicional é o lema da nosa biblioteca este curso, por iso as paredes dos nosos corredores xa empezaron a encherse de música.
domingo, 23 de outubro de 2016
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos/as bilbiotecarios/as, celébrase o Día da Biblioteca, o 24 de outubro, por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Este ano, as autoras selecionadas para a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde foron as gañadoras do Premio Nacional 2015, Ledicia Costas e Elena Odriozola.
O texto de Ledicia Costas, é precioso. GALIX facilítanos a súa orixinal versión en galego e do que entresacamos este parágrafo:
En Galicia, a campaña de visibilidade da biblioteca escolar deste curso 2016/2017 lembra que a Biblioteca Escolar é "territorio das Artes", un espazo no que aproximarse á produción artística do noso país e de todas as culturas."Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?"
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!
martes, 4 de outubro de 2016
AS MOCHILAS VIAXEIRAS XA ESTÁN EN MARCHA
Están chegando ás casas as mochilas viaxeiras cargadas de fantasía, información, diversión e desexando ser compartidas por toda a familia.
Fixemos unha escolma de materiais da biblioteca para que a disfrutedes ao longo dunha semana e compartades as emocións e os coñecementos que a lectura pode aportar aos nosos cativos. Podedes anotar no "diario da mochila" suxestións ou contar a vosa experiencia de lectura compartida.

QUE AS DISFRUTEDES!!!
luns, 26 de setembro de 2016
A MÚSICA TRADICIONAL NA NOSA BIBLIOTECA
A música tradicional será o lema da nosa biblioteca durante este curso. Gustaríanos que lles preguntedes aos vosos avós e avoas, pais e nais sobre as cancións que máis lle gustaban cantar a eles cando eran pequenos. Investigaremos durante todo o curso e encheremos de música a nosa biblioteca.
Música e lectura, unha boa combinación coa que desexamos que disfrutedes.
sábado, 24 de setembro de 2016
BIBLIOTECA ESCOLAR- TERRITORIO DAS ARTES
O lema escollido para as bibliotecas escolares galegas este ano é "Biblioteca escolar - Territorio das Artes". Nesta ocasión foi MINIA REGOS a ilustradora.
Con esta imaxe Minia Regos propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Agora toca facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática.
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
mércores, 14 de setembro de 2016
BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO
As vacacións remataron e comezamos un novo curso. A nosa biblioteca abrirá as súas portas a partir de outubro. Este ano conxugaremos a lectura coa música, unha moi boa combinación. Experimentaremos o pracer de expresarnos a través da música dende a biblioteca.Seguro que disfrutaredes das actividades programadas tanto como nosotros preparándoas.
FELIZ CURSO E BOAS LECTURAS!!!
mércores, 22 de xuño de 2016
xoves, 12 de maio de 2016
MANUEL MARÍA NAS LETRAS GALEGAS
Xa estamos no mes das nosas letras e este ano homenaxeamos a Manuel María.
Sabemos que xa estades moitos traballando sobre él e a súa obra.
Hoxe deixámosvos algúns dos seus poemas que foron musicados para que vaiades cantándoos.
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/recursos/audios/musica.htm
venres, 29 de abril de 2016
APADRIÑAMENTO LECTOR NO DÍA DO LIBRO
Por fin chegou o gran día! Un día cheo de lecturas, emocións e ilusións. Un día no que se comparte moito máis que lectura, é unha das actividades favoritas tanto dos maiores coma dos pequenos. Cada ano todo o alumnado agarda revivir impacientes todos os sentimentos provocados polas historias lidas con tanto agarimo.As palabras voaban dos libros provocando sorrisos, conversas e aloumiños. Moitos intercambiáronse agasallos como lembranza dese momento.
Xa son moitos anos celebrando esta festa pero segue a mesma ilusión entre padriños e afillados.
Foi un auténtico pracer!!!
Parabéns a todos e todas!!!
xoves, 28 de abril de 2016
ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS DA NOSA BIBLIOTECA
A obra máis emblemática do escritor inglés Lewis Carroll, Alicia no país das marabillas, cumple 150 anos . Para celebralo organizamos no noso centro unha exposición de libros traidos polo noso alumnado. Xunto con estos tamén trouxeron outros libros relacionados coa maxia, tema escollido para o lema deste ano da nosa biblioteca.
Disfrutamos dun mes cheo de MAXIA!!!
Disfrutamos dun mes cheo de MAXIA!!!
mércores, 30 de marzo de 2016
A MAXIA DA POESÍA
Coma todos os anos dedicamos o mes de marzo á poesía. Aproveitando o lema do proxecto da biblioteca deste ano, decidimos encher as nosas paredes con murais e chisteiras das que saían poesías máxicas.
xoves, 10 de marzo de 2016
VISITA DE LEDICIA COSTAS
Fai uns días visitounos Ledicia
Costas.
Hai pouco déronlle o Premio Nacional de Literatura polo seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta ,que xa limos no noso club de lectura.
Hai pouco déronlle o Premio Nacional de Literatura polo seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta ,que xa limos no noso club de lectura.
Quixemos convertirnos nos tamén en
cociñeiros e enchemos unha mesa con larpeiradas que fixemos coas receitas que
aparecían no libro.
Fixémoslle moitas preguntas e contounos moitas cousas dela,do seu avó, dos seus libros, das súas historias...
Fixémoslle moitas preguntas e contounos moitas cousas dela,do seu avó, dos seus libros, das súas historias...
Encantounos o libro e... por suposto
ela.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)