martes, 23 de decembro de 2014

LIBROS PARA ESTE NADAL


Dos libros da exposición estos foron os escollidos por vós.Non vos esquenzades que paga a pena aproveitar estas datas para incluir un libro entre a vosa lista de agasallos.


















BO NADAL E FELICES LECTURAS!!!

martes, 16 de decembro de 2014

UN LIBRO POLO NADAL






Un ano máis abrimos as portas da nosa biblioteca para presentar as novidades dalgunhas editoriais, dentro da nosa campaña "Un libro polo Nadal". Durante o mes de decembro o noso alumnado estivo visitándoa e os martes pola tarde as familias,  así xuntos escollen posibles títulos para poder incluílos na lista de agasallos.


mércores, 26 de novembro de 2014

I ROTEIRO MATEMÁTICO



Este ano puxemos en marcha dende a biblioteca o I ROTEIRO MATEMÁTICO. Primeiro empezamos promocionando a lectura que fala de números , operación e tamén a que leva pasatempos matemáticos.

Agora toca participar neste xogo matemático. Cada semana aparecerán diferentes preguntas e enigmas cos que poderás acadar algún premio.


Animádevos a participar!!!

xoves, 20 de novembro de 2014

CELEBRAMOS O SAMAÍN






Outro ano mais celebrando o Samaín no cole  . Pasámolo "de medo"  coas historias que escribiron, leron e incluso interpretaron algúns rapaces e rapazas, historias de medo, terror e misterio salpicadas, moitas veces,de humor.  Disfrutamos cos relatos e unha vez máis demostráchedes o voso talento. Os libros de medo, terror e misterio saíron  dos seus andeis para que ninguén se quedara sen lelos, especialmente estos días.
Os máis pequenos tamén colaboraron debuxando os seus monstruos.


Un ano máis o Samaín deu moito que ver e escoitar! 

domingo, 2 de novembro de 2014

OURUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS


Durante este mes, coma todos os anos, organizáronse diferentes actividades na biblioteca:
  • Posta en marcha das mochilas viaxeiras  para compartir a lectura coas súas familias  . Poden deixar  suxestións ou contar a experiencia de lectura compartida no "diario da mochila.
  • Comenzo da HORA DE LER
  • Exposición  “Biblioteca escolar... matemático” que foi visitada polos diferentes cursos.Exposición de libros relacionados coas matemáticas (libros de lectura, de texto de fai anos, de actividades ou pasatempos relacionados co tema...)
  • Concurso de debuxo a partir do lema deste ano para a nosa biblioteca "Un libro... o mundo nas túas mans"


mércores, 15 de outubro de 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!



 O lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas
 escolares galegas é Biblioteca escolar... matemático!!!  .Con este lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas”, achegándose a elas de forma natural e animando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.

 David Pintor foi o ilustrador encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. 


Agardamos que con esta iniciativa descubrades unha maior presenza desta área de coñecemento na biblioteca e no día a día do centro.

DÉIXATE LEVAR POLAS MATEMÁTICAS!!!

mércores, 17 de setembro de 2014

BENVIDOS E BENVIDAS!!!





Ola, nenos, nenas e familias! 

Xa estamos aquí, despois dun verán cheo de lecturas fantásticas coas que  puidemos disfrutar  dunha morea de aventuras. Hoxe queremos darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2014/2015.
Agárdámosvos na biblioteca, vendo as novidades e preparando cousas estupendas para vós.
 Axiña teredes noticias .Estade atentos.

martes, 22 de abril de 2014

ABRIL, MES DOS LIBROS


Estreamos este novo blog da biblioteca con esta entrada que tamén fala de libros. Por fin xa temos de novo un espazo para seguir comunicándonos, avisándovos das novidades e convidándovos a participar nas actividades que organicemos. 
Neste mes xa temos en marcha o programa de actividades para conmemorar 
O DÍA DO LIBRO.
  • Contacontos.




  • Taller de teatro, para o 3º ciclo, coa escritora Raquel Castro Martínez.
       
                                     

  • Exposición de contos clásicos aportados polas familias.
  • Apadriñamento lector.
        Desexamos que disfrutedes con todas as actividades!!!