martes, 21 de decembro de 2021

Recomendacións lectoras de Nadal

Neste segundo ano consecutivo de "Nadal especial" queremos desexarvos que o pasedes o mellor posible e que poñades moitos libros nas vosas vidas, pois son grandes aliados da felicidade: endozan, alegran, evaden, transmiten, aloumiñan, acompañan, divirten, informan; lévannos de viaxe, aventuras, exploración... Quen da máis? 
Aí vai unha variada selección das últimas novidades.

xoves, 2 de decembro de 2021

Día Internacional da Discapacidade (3 de decembro)

Para traballar a concienciación sobre a situación e necesidades das persoas con diversidade funcional propomos varias reflexións e diferentes contos que contan moito. Tamén un serie de curtas que visibilizan máis.
Pequenos grans de area van facendo montañas, pon o teu!
Solidariedade, empatía, respecto, tolerancia, cooperación... concienciación 365 días ao ano!
Ademais desta proposta, nas sesións de Educación Física da semana do 13 ao 17 o alumnado poderá experimentar algunhas das dificultades e trabas coas que se atopan as persoas con diversidade funcional. 

xoves, 25 de novembro de 2021

Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Ningunha violencia debería ter cabida na historia da humanidade, e moito menos, no día a día dos seres humanos. No noso cole apostamos pola coeducación e o bo trato 365 días ao ano mediante moitas lecturas en violeta e en cores, así como diferentes actividades de visibilización das mulleres, de defensa do colectivo LGTB… 

Mostrámosvos algunas delas!
 

mércores, 10 de novembro de 2021

Día Internacional da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento

O Día Internacional da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento é un evento anual que se celebra en todo o mundo dende o ano 2002 coa finalidade de concienciar sobre a importancia da ciencia facendo fincapé no uso responsable da mesma para o beneficio das sociedades, en particular, para a erradicación da pobreza (futuro sostible - ODS 2030).

Dende o cole, un ano máis, tamén queremos aportar o noso gran de area achegando a ciencia a nosa biblio e aulas a través de: diversos experimentos, conversas e visibilización de diferentes persoas de ciencias, recomendacións lectoras e o fomento de visitas a museos de ciencias próximos (Naturnova, Vigo).

Xa vos iremos amosando os nosos traballos!

De entrada, deixámosvos o seguinte folleto informativo que contén o texto de Amparo Alonso Betanzos (Premio María Josefa Wonenburger Planells 2020), así como varias actividades organizadas en distintos concellos relativas a esta efeméride. Igualmente, dous interesantes videos pola equidade na ciencia.




martes, 2 de novembro de 2021

Xa comezamos o club de lectura

Bo día rapazada

Xa  comezamos o Club de Lectura. O  martes 19 e o xoves 21   tivemos as primeiras reunións co alumnado de 5º e 6.º.

Repartimos os libros e comentamos como ían ser as reunións e actividades que levaremos a cabo durante o curso.

Volverémonos reunir durante o mes de novembro.

Os de quinto comentaremos o libro Chamádeme Simbad de  Francisco Castro e os de sexto O carteiro de Bagdad de Marcos S. Calveiro.

Deixámosvos un par de fotos para que vexades o guapos e guapas que saíchedes.



domingo, 24 de outubro de 2021

A fraga dos soños

Ola a todos/as!

Aínda que levamos máis dun mes argallando a posta en marcha da biblioteca escolar neste novo curso, na bitácora da mesma imos estrearnos coa celebración do Día Internacional das Bibliotecas 2021. Para elo, nada mellor que unha visita virtual á "Fraga dos soños".

Hai moito andado (grande o agradecemento aos/ás que nos precederon) e moito por lograr, finalidade pola que seguiremos traballando o novo equipo coa axuda de toda a comunidade educativa.

Grazas de antemán e feliz semana da biblioteca, na que esperamos poñer en marcha os espazos "dixital" e "argalleiro-fedelleiro".

Mergúllate no marabilloso mundo da lectura, mergúllate no fabuloso mundo dos soños... entra na fraga dos soños!

Formación de usuarios

Esperamos que visitedes moito a biblioteca, un espazo para ler, aprender e descubrir. E, para facelo do mellor xeito posible, deixámosvos esta breve formación inicial de usuarios.

xoves, 24 de xuño de 2021

Ler no verán

Rematou o curso e , aínda que "A Fraga dos soños" peche, as aventuras continúan.

Por iso, aquí tedes unhas recomendacións lectoras das que poidades gozar no verán.






Fin de Curso Máxico!

 Rematamos o curso coa última actividade organizada desde a biblioteca: a actuación dos gañadores do concurso "Máxica...mente" e  o espectáculo de maxia do Mago Paco!




venres, 18 de xuño de 2021

Concurso maxica...mente

Xa temos preparados os agasallos dos participantes no concurso de maxia que organizamos desde a biblioteca do colexio! Xogos de maxia, barallas profesionais... todo para continuar desfrutando da maxia!






xoves, 10 de xuño de 2021

Seguimos con actividades no mes de maio...

 Ao longo de todo o curso estivemos en plena actividade, pero este mes de maio, máis aínda!

A continuación amosamos algunas das propostas, esperamos que vos gusten e, sobre todo, leades e moitoooooooo!



venres, 4 de xuño de 2021

Pequenos creadores (5ºB)

Cando  a creatividade do noso alumnado se mestura con todo o que aprenderon durante o curso, saen cousas tan interesantes como estas!





mércores, 2 de xuño de 2021

Concurso maxica...mente

Buscamos magos!



A próxima semana empezamos o cásting. De momento xa temos preparada a biblioteca cunha mostra de toda a maxia que se esconde entre os seus andeis!

xoves, 27 de maio de 2021

Club de lectura 2021

Se dubidas en apuntarte o vindeiro curso ao Club de Lectura do CEIP Fermín Bouza Brey... observa atentamente as imaxes! 

Moitas grazas ao profesorado e ao alumnado que fixestes posible un ano máis de aventuras, coñecemento, sensibilización, debates... 

O curso que ven, máis e mellor!











xoves, 20 de maio de 2021

Letras Galegas 2021

       No noso cole.. todos os días son Día das Letras Galegas!


Exposición de libros dos Bolechas en homenaxe as Letras Galegas. Tampouco nos esquecemos de Fermín Bouza Brey!





                                            





Mural en homenaxe a Xela Arias




Carme, Uxía, Xan, Sabela, Breixo, Breogán... len en galego con Xela!

martes, 18 de maio de 2021

Letras Galegas 2021

Estes días estamos coñecendo moitas cousas sobre a vida e a  obra de XELA ARIAS, a poeta homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. 



Neste vídeo podedes coñecer a historia da Real Academia Galega e do Día das Letras Galegas.

luns, 19 de abril de 2021

Semana do libro

 Comezamos a Semana do Libro no CEIP Fermín Bouza Brey cunha gran estrea!!

Queremos presentar o froito dun proxecto que empezou alá no mes de xaneiro, con motivo do Día da Ilustración.

Queríamos poñer en valor o traballo de debuxantes e ilustradores, e fomos á procura deles no cole, grandes pequen@s artistas que con enxeño imaxinaron un Don Moucho renovado.

Entón lembramos a un antigo alumno do cole, que pasou toda a súa etapa escolar polos nosos corredores, aulas e patios e que converteu a súa paixón polos libros e o debuxo na súa profesión, Pablo Prado, autor de banda deseñada e ilustrador, formado na escola de Garaxe Hermético, de Pontevedra.

Foi fermoso que aceptase o proxecto de crear para a nosa biblioteca unha historia cos seus debuxos. Ideou un libro. As aventuras de Don Moucho, unha viaxe lectora por mundos soñados coas personaxes dalgunhas das lecturas preferidas do noso alumnado.

Queremos dar as grazas a Pablo Prado por "ilustrar" as paredes da Fraga dos Soños coa ilusión de viaxar por unha morea de mundos. Mundos pola equidade e igualdade, pola diversidade e inclusión, mundos de ciencias e de letras, mundos do pasado e do futuro, mundos pola xustiza...Unha chea de mundos por ler e viaxar!












xoves, 18 de marzo de 2021

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 No Bouza Brey non podemos deixar de felicitar a todas esas mulleres que foron, son e serán referentes imprescindibles nas nosas vidas. Esta é a nosa homenaxe para elas..



21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

No Bouza Brey, para comezar a primavera poética, recitamos versos que nadan, que voan, que cantan... dun fermoso libro: "Os Bechopoemas e outras bestas" de Leire Bilbao editado por Kalandraka.








mércores, 3 de marzo de 2021

CON R DE ROSALÍA


No día de hoxe, imos amosarvos o resultado final do noso mural. Despois de recolectar unha gran cantidade de palabras con "R", escollidas polos alumnos e alumnas do noso centro, recordando os poemas da nosa ilustre galega, Rosalía de Castro.


QUEDOUNOS BEN BONITO!




Por outra banda, tamén queremos facer especial fincapé no alumnado de 6º B, que resultaron gañadores da III edición do concurso de poemas ilustrados de Rosalía de Castro.


NORABOA RAPACES E RAPAZAS!



luns, 22 de febreiro de 2021

Con R de Rosalía no 24 de febreiro


Nesta semana lembramos a Rosalía de Castro, muller pioneira , como as científicas que recordamos estes días  pasados na conmemoración do día da Muller na ciencia.

Vamos facer entre todo o cole un mural con esas palabras sentidas que ela escribiu nos seus poemas en galego que levan a letra R. Gozaremos esta semana da lectura das súas poesías para escollelas e traballar así con elas.

Vós propoñemos unha ollada a esta música de hoxe en día que pon en valor os versos de Rosalía.

Desfrutade da poesía.






martes, 9 de febreiro de 2021

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

   

    Oxalá non houbera que celebrar días internacionais dedicados a nenas e mulleres... 

    Se queredes cambiar o conto decubride, investigade, experimentade e axudade a visibilizar o magnífico traballo científico desenvolto durante tanto tempo por elas ata o día de hoxe. Canto lles debemos!

Quizáis vos sexades os próximos grandes cidadáns de ciencia!








xoves, 28 de xaneiro de 2021

30 de Xaneiro

Día da Ilustración

Na Biblioteca do Bouza Brey, buscamos ilustradores que diseñen unha nova imaxe do Don Moucho da Fraga dos Soños.
A próxima semana teremos o resultado do gañador ou gañadora do concurso "Na procura de Don Moucho".







  

Día da Paz

Outro día importante nesta data é o Día da Paz, onde os axudantes da Biblioteca escolleron as súas cancións preferidas para bailar e cantar durante todo o ano pola Paz. Podedes acceder a través dos enlaces que podedes ver a continuación.