A clase de 5º B quere hoxe recomendarvos o libro que leron estos días, ¡NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES! Un libro cheo de valores como a amizade, o interese pola lectura, a curiosidade e ansia polo coñecemento...Os protagonistas queren estar xunto aqueles que o precisan, ofrecen a súa axuda aos debiles.. Neste caso terán que vivir un caso de violencia de xénero na casa dun compañeiro e deciden axudarlle.
Seguen chegando as vosas fotos lendo dende o sofá. Como nos gusta ver o que disfrutades da lectura nestos días!! Seguide así que vos axudará a abrir o corazón e viaxar a outros lugares coa imaxinación, un bo momento para facelo xa que non podemos saír da casa.
Seguen chegando fotos. Agora tócalle o turno a algunhas profes que faltaban. Todos seguimos disfrutando da MAXIA da lectura nestos días que toca quedar na casa.
Rosa contra o virus, é un conto feito polo colexio oficial de Psicoloxía de Madrid. Dende o equipo da biblioteca estamos seguros que vos vai axudar a explicarlle aos pequenos que é o coronavirus e como xestionar as emocións ante esta situación. Este conto axudaralles a entender, coñecer e poder transmitirlles a información dunha forma axeitada.
Ler sempre é unha boa compaña e agora , que temos que quedar na casa, moito mellor aínda. Os profes e as profes tamén están contaxiándose coa MAXIA da lectura nestos días, e queren participar neste reto coas súas fotos. Aquí deixámosvos unha mostra.
Esta semana , queremos plantexarte un RETO. Terás que enviarnos unha foto...
MERGULLÁNDOTE NA LECTURA DENDE O SOFÁ
Podes estar só ou en familia, ti decides. Subirémolas nesta bitácora e á volta faremos unha exposición con todas elas. Se estades interesados mandade a foto á seguinte dirección: bibliobrey1@gmail.com Os profes e as profes xa estamos en marcha. Contaxiémonos da lectura durante estos días!!!
Propoñémosvos novas lecturas que vos podan acompañar durante este confinamiento. Ler sempre é unha boa compaña, e moito máis cando temos que quedar na casa. Clicade no enlace que está debaixo da imaxe e poderedes atopar unha chea de contos.
Invitámosvos a escoitar este poema de Camilo Ponce, un poema que dedica a todas as mulleres que lle ensinaron o valor da igualdade e en especial a súa nai. Quere agradecerlles por facer un mundo mellor.
Hoxe querémosvos amosar parte da decoración da nosa biblioteca, realmente estamos conseguindo unha biblioteca "MÁXICA".
Temos unha selección de libros na exposición con esta temática .
Seguro que disfrutaredes da súa lectura!!!