venres, 29 de marzo de 2019

KIBUKO E XAVIER ESTÉVEZ FERREIRO



Fai uns días tivemos a sorte de contar coa visita de Xavier Estévez Ferreiro, autor de Kibuko, libro que tivemos a sorte de ler anteriormente. Unha historia de amizade e de maxia que nos transporta a un mundo de fantasía.
O seu autor contounos moitas cousas sobre o libro, sobre a súa profesión como escritor e respostou a algunhas preguntas que tamén lle fixemos.

PASÁMOLO XENIAL!!

xoves, 28 de marzo de 2019

COMPARTINDO LECTURAS INTERCULTURAIS




O 15 de marzo, os nen@s de 5º A e os de 1º A tivemos a sorte de compartir de novo unha sesión de “Lecturas compartidas”.
 Para comezar os alumn@s de 5º, aproveitando o tema da interculturalidade e a diversidade de culturas por unha banda  e que estivemos traballando as lendas na aula por outra, buscamos lendas chinesas e exipcias  para compartir. “Los amantes mariposa”, entre as que máis nos gustaron.
Continuamos facendo  un xogo, utilizando as letras do alfabeto exipcio, descubrimos o significado dunha frase en chinés.
Para finaliza e sabendo que  os chineses son moi afeccionados ao origami, entre todos fixemos figuriñas de papel: unha ra, un canciño,  barquiños, chapeos, os típicos faroliños das celebracións chinesas…

Foi unha sesión moi entretida, divertida e ademáis… coñecÍmonos un pouquiño máis.

Estamos desexando empezar a preparar a seguinte.

xoves, 14 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER II



Para celebrar este día organizouse unha exposición no corredor, e no recreo o visionado de dous  vídeos na biblioteca nos que se explica a orixe do Día Internacional da Muller e os vídeos das cancións "Matriarcas" e "8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo"

xoves, 7 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER I

A través do tempo a muller tivo que loitar por disfrutar dos mesmos dereitos que os homes e o mesmo recoñecemento na sociedade. Aínda que na actualidade todo isto mellorou, todavía existen situacións de discriminación e de maltrato.
Desexamos que a través das novas xeracións consigamos a igualdade a través do respecto e a tolerancia.
Neste Día da muller traballadora deixámosvos algunhas lecturas para que poidades reflexionar sobre o tema.


 Vídeo: CEIP El Enebral 






 





mércores, 6 de marzo de 2019

ACOMPAÑAMENTO LECTOR


Os nosos alumnos e alumnas de 5º continúan acompañando nas lecturas aos máis pequenos. Disfrutan tanto os maiores coma os pequenos. Unha imaxe vale máis que mil palabras, por iso  deixámosvos estas imaxes para que vos mesmos podades xuzgar.



martes, 5 de marzo de 2019

ENTROIDO INTERCULTURAL


Este ano celebramos un entroido intercultural aproveitando o proxecto da biblioteca.Os profesores nas aulas traballaron os temas transversais referentes ao respecto, solidariedade, interculturalidade, compañerismo...mediante actividades propias do país que representaron .