... e rematamos o ano coa actuación do Mago Chirleta, que visitou as aulas de infantil grazas ao programa "Máxica...mente". Que teñades unhas boas e máxicas vacacións!
martes, 22 de decembro de 2020
O Castiñeiro Científico
Nun ano no que se falou tanto de Ciencia, desde a Biblioteca tamén quixemos facer a nosa aportación elaborando este Castiñeiro Científico. As súas follas son palabras relacionadas coa Ciencia, escollidas polo alumnado do colexio. Esperamos que sirva de agradecemento para todas esas persoas que, desde a Ciencia, intentan facer un mundo mellor. Grazas!
O Castiñeiro Científico |
Bambán de vento
Entre as recomendacións lectoras para o Nadal, deixamos unha que nos fai especial ilusión: o libro da nosa compañeira Hortensia Bautista, acompañado das fermosas ilustracións de Aurora Quinteiro.
RESEÑA Bambán de vento é un convite a viaxar polo contorno desde o apego á paisaxe e cultura propias. Debullando lembranzas, vivencias e soños, a nena anímanos a partillar os tesouros agochados na nube da memoria e liberalos do baúl do esquecemento.
xoves, 17 de decembro de 2020
martes, 15 de decembro de 2020
venres, 4 de decembro de 2020
Coñece os teus dereitos!
Este mes conmemóranse varios días internacionais. Na seguinte PRESENTACIÓN podes informarte sobre Dereitos Humanos e da Infancia, sobre o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e tamén, acerca da Constitución Española!
xoves, 3 de decembro de 2020
Mes da Ciencia na Biblioteca!
Novembro foi o mes da ciencia e desde a biblioteca do colexio organizamos distintas actividades. Nunha delas, grazas ao proxecto "Máxica...mente", descubrimos que detrás dalgúns xogos de maxia hai unha explicación... científica!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)