xoves, 22 de decembro de 2022

Recomendacións lectoras de Nadal

En época de soños e desexos invitámosvos a gozar das lecturas seleccionadas polo equipo da biblioteca para este período vacacional. Visitade as librarías locais e agasallade aventuras, emocións, grandes viaxes, coñecemento, ledicia...

domingo, 20 de novembro de 2022

Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Ningunha violencia debería ter cabida na historia da humanidade, e moito menos, no día a día de nenas e mulleres. No noso cole apostamos pola coeducación e o bo trato 365 días ao ano mediante moitas lecturas en violeta e en cores, así como diferentes actividades de visibilización da muller e de apoio ao colectivo LGTBI.

Animádevos a ver e ler algúns dos seguintes recursos.
   

venres, 28 de outubro de 2022

O Samaín

Exposición de libros sobre esta festa tan divertida para nós! 

Tamén algunha curtametraxe de medo, mamasiña!


luns, 24 de outubro de 2022

Día Internacional das Bibliotecas

Benvidas e benvidos a a este novo curso! Hoxe estamos de celebración!

Conmemoramos o Día Internacional das Bibliotecas, unha iniciativa que serve para dar a coñecer a importancia da biblioteca como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, nun marco de creatividade infinita, que debe facilitar oportunidades de aprendizaxe diversas e ocasións para o encontro entre os distintos membros da comunidade educativa en relación coa lectura, o acceso ao coñecemento e a cultura en xeral.

Deben ser organismos vivos, viveiros de cidadanía nos que caben moitas actividades diferentes: ler, xogar, investigar, conversar, documentarse, informarse, aprender, visualizar películas e curtas, facer préstamo de libros, estudar, navegar nas webs, etc...

  • Fíxate no marabilloso cartel ilustrado pola galega Xulia Vicente. O lema deste ano é BilioTEcuida, a maiores do que acompaña a esta efeméride dende 2019, Apta para todos os públicos!
  • Coa fin de sacarlle o maior proveito a nosa biblioteca, mira a seguinte presentación e aprende a usala!
  • Na seguinte entrada deixámosche as bases do noso concurso de escritura creativa, anímate a participar!


Concurso de escritura creativa

Entre as actividades organizadas este ano para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas, está o concurso de Lettering e Haikus, relacionado co lema das Bibliotecas Escolares de Galicia no presente curso académico: "Escribir a biblioteca escolar".

Anímate a participar! Na seguinte ligazón deixámosche as bases do concurso:

E, para amenizar e axudar a divulgar escoita!

domingo, 5 de xuño de 2022

Pasiños cara unha biblioteca creativa

Levamos tempo querendo formar parte do programa de innovación educativa "Biblioteca creativa" e este curso optamos por formarnos un pouquiño.

martes, 31 de maio de 2022

Concerto na biblioteca

O 31 de maio tivemos a gran sorte de disfrutar dun miniconcerto na biblioteca grazas a algúns dos músicos da Banda Municipal de Música de Ponteareas e a mestra de educación musical do cole, Antía. Espectaculares profesionais grazas aos que coñecemos máis de preto algúns instrumentos musicais e afinamos o oído. Moitísimas grazas e esperamos repetir!

martes, 26 de abril de 2022

Encontro coa gran Ledicia Costas

Por fin chegou o gran día!

Foi unha honra e un pracer recibir, por terceira vez na biblioteca do noso cole, a esta exitosa escritora galega. Autora de numerosas obras, tanto infantís como para adultos, esta vez conversamos con ela sobre a súa obra “A señorita Bubble” e adiantounos sobre o que versará a terceira entrega (pistas no video).

Había unha gran ilusión por vela e escoitala de novo!

Moitísimas grazas querida Ledicia!


sábado, 23 de abril de 2022

Día do Libro

Chegou o Día Mundial do Libro, no CEIP Fermín Bouza Brey celebrarémolo na semana do 25 ao 29 de abril, do seguinte xeito:


xoves, 31 de marzo de 2022

Día Internacional da Visibilidade Trans

Hoxe, 31 de marzo de 2022, conmemoramos o "Día Internacional da Visibilidade Trans". É unha conmemoración anual que ten lugar o 31 de marzo, dedicada á celebración das persoas transxénero e á sensibilización contra a discriminación cara ás persoas trans en todo o mundo.



venres, 25 de marzo de 2022

Ciencia na biblioteca

Un ano máis a ciencia estivo moi presente nas aulas e na biblioteca. Ademais dos traballos realizados con motivo das conmemoracións dedicadas á ciencia, o Concello de Ponteareas celebrou a "Semana das Ciencias" do 21 ao 25 de marzo, durante a cal nos convertemos en pequenos científicos.

luns, 21 de marzo de 2022

Día Internacional da Poesía

Nesta cita pretendemos promover a lectura e a escritura de poemas a través dunha imaxe divertida e versátil deste xénero literario, creando poemas para as mulleres das nosas vidas, historia...




mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía

Canto queremos a nosa escritoria máis solemne e internacional. Gran autora e feminista nus tempos difíciles para as mulleres, acadou co seu legado e tesón o recoñecemento merecido, polo que non podemos deixar de lembrarnos dela nesta data especial.

Este curso seguimos a proposta da asociación de escritoras e escritores en lingua galega.

domingo, 30 de xaneiro de 2022

Día da Ilustración 2022

O Día da Ilustración vense celebrando desde o ano 2014 por iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade máis a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). A finalidade é promover a obra dos ilustradores/as galegos/as de hoxe en día, así como reivindicar o traballo de profesionais clásicos, en moitas ocasións pioneiros, como é o caso do homenaxeado este ano: Reimundo Patiño.



Actividades do Día da Ilustración

Deixámosvos un resumo dos traballos realizados para conmemorar o Día da Ilustración.
 

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Cada 30 de xaneiro estamos de dobre celebración, este curso no cole preparáronse diferentes actividades por parte dos distintos equipos docentes. A coreografía da canción "Móvete" de Paco Nogueiras, o mural "Construímos Paz"... e para quenes queirades facer información documental deixámosvos o seguinte documento.