O equipo da biblioteca e toda a comunidade educativa do CEIP Fermín Bouza Brey deséxavos un FELICES FESTAS e moi BOAS LECTURAS.
sábado, 22 de decembro de 2018
FELICES FESTAS
Este ano propuxémos felicitar o novo ano en distintas línguas, coñecidas moitas delas po alún do noso alumnado.
O equipo da biblioteca e toda a comunidade educativa do CEIP Fermín Bouza Brey deséxavos un FELICES FESTAS e moi BOAS LECTURAS.
O equipo da biblioteca e toda a comunidade educativa do CEIP Fermín Bouza Brey deséxavos un FELICES FESTAS e moi BOAS LECTURAS.
xoves, 20 de decembro de 2018
UN LIBRO POLO NADAL
As portas da nosa biblioteca abríronse un ano máis, para presentar as novidades dalgunhas editoriais, dentro da nosa campaña "Un libro polo Nadal". Durante o mes de decembro o noso alumnado estivo visitándoa e os martes pola tarde as familias, para escoller posibles títulos e incluilos na lista de agasallos.
xoves, 13 de decembro de 2018
VISITA DE SUSANA LAMELA
O pasado martes tivemos a grata visita da escritora e mestra Susana Lamela. Contounos como naceu "Soños de Andel" e falounos tamén sobre os valores que quería transmitir con esta historia.
O alumnado de 2º fíxolle moitas preguntas sobre Ani e sobre o libro.
Foi un encontro moi agradable e cheo de agarimo.
Moitas grazas Susana polo teu tempo e cariño!
Ata pronto!
domingo, 9 de decembro de 2018
UNHA HISTORIA SOBRE A DISCAPACIDADE
Unha historia de amizade, contada cunha gran tenrura, na que María coñece ao seu novo compañeiro de clase , Nico, un neno con parálise cerebral, e o mete nos seus xogos a través da imaxinación e o inxenio.
Unha boa historia para reflexionar sobre a discapacidade.
sábado, 8 de decembro de 2018
LECTURAS COMPARTIDAS
Este ano dende a Biblioteca, propoñemos momentos de Lecturas Compartidas durante todo o curso. Os maiores leranlle contos aos pequenos.Compartirán momentos de maxia a través dos contos.
Aqui vos deixamos algunhas imaxes destos momentos especiais.
mércores, 5 de decembro de 2018
A PRENSA NA AULA
Un ano máis achegamos a prensa ás aulas grazas a "La Voz de Galicia". Con esta actividade o alumnado aprenderá a comprender o mundo da prensa.
Unha actividade diferente e entretida coa que aprenderemos moito sobre os xornais.
xoves, 29 de novembro de 2018
IMOS DE TEATRO
Esta semana fomos de teatro grazas a FAMPO. Nesta ocasión a compañía Redrum Teatro representou aa obra "A nena que quería navegar". A historia está basaba nun texto de Álex Sampayo e Borja F.Caamaño .
Unha historia máxica para loitar contra o acoso escolar a tavés do reforzo positivo e a mellora da autoestima.
Disfrutamos da historia e aprendimos moitas cousas sobre o ACOSO.
Estamos desexando ter os libros desta historia nas nosas mans!!!
sábado, 17 de novembro de 2018
RELATOS DE MEDO PARA O SAMAÍN
Durante estas semanas estivemos, durante os recreos, escoitando relatos de medo escritos por moitos dos nosos alumnos e alumnas. Creouse un ambiente terrorífico!!!
Incluso puidemos disfrutar do relato de Nico, un dos relatos gañadores do concurso "Mamasiña que medo", organizado polo concello.
Moitas grazas a todos.
Pasámolo de medo!!!
venres, 16 de novembro de 2018
OS BOLECHAS CHEGAN A PONTEAREAS
Coa exposición de balde da Deputación de Ponteareas "Gatiños, ghatiños, gatíos" ensinaránnos as diferentes variedades dialectais do galego dun xeito multisensorial, pedagóxico e divertido.
Podedes visitala na Praza da Música do 21 ao 30 de novembro coas vosas familias.
NON VOLA PODEDES PERDER!!!
xoves, 8 de novembro de 2018
NOVEMBRO MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Un ano máis, dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estase impulsando a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Cada ano encárgaselle a un científico ou científica da nosa comunidade un manifesto .
Cada ano encárgaselle a un científico ou científica da nosa comunidade un manifesto .
O Manifesto deste ano 2018 está asinado por Luis Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, e ten frases tan interesantes como esta:
"Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler"
Recomendámosvos a lectura deste manifesto así como o de Ángel Carracedo do 2014, tamén apaixonante.
Agora invitámosvos a ver o seguinte vídeo da campaña "EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA" , nela participarpn investigadores e investigadoras de diferentes ámbitos científicos.Ten como principal obxectivo demostrar a validez da língua galega tanto para a docencia como para a investigación.
Agora invitámosvos a ver o seguinte vídeo da campaña "EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA" , nela participarpn investigadores e investigadoras de diferentes ámbitos científicos.Ten como principal obxectivo demostrar a validez da língua galega tanto para a docencia como para a investigación.
xoves, 1 de novembro de 2018
SAMAÍN NA BIBLIOTECA
Un ano máis a nosa biblioteca vístese para celebrar o Samaín. Durante estos días puidemos disfrutar dunha selección de libros de MEDO e esta semana escoitaremos historias terroríficas escritas por algúns compañeiros e compañeiras.
ESPERÁMOSVOS NOS RECREOS!!! PASARÉMOLO DE MEDO!!!
domingo, 28 de outubro de 2018
2ª CURTAMETRAXE:Margarita Debayle (Rubén Darío)
Unha curtametraxe que nos invita a perseguir os nosos soños.
1ª CURTAMETRAXE: LER TRANSPÓRTACHE
A través deste curto trátase de explicar o enriquecedor que pode ser o mundo da lectura, os beneficios que esta pode dar ás nosas vidas tanto persoal como profesional, así como axudarnos a descubrir que ler non é nada aburrido, promovendo así a paixón pola lectura.
Disfrutamos moito con él!
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
luns, 22 de outubro de 2018
FORMANDO USUARIOS NA BIBLIOTECA
Este mes na nosa biblioteca estamos realizando actividades de formación de usuarios. Queremos que o noso alumnado esté ben formado e coñeza os mecanismos do funcionamento desta para que non se desorienten ou desanimen cando queiran facer uso dela. Un dos nosos obxectivos con estas actividades é promocionar, facilitar e achegarlles este servizo.
domingo, 21 de outubro de 2018
sábado, 13 de outubro de 2018
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este
fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos.
Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son." (Vía Bibliotecas Escolares de Galicia)
O MAGO CHIRLETA VISITA A NOSA BIBLIOTECA
Por todo isto e máis tivemos a sorte de atoparnos na nosa co Mago Chirleta que quixo vir a visitala. Ensinounos trucos de maxia incluso tamén cos contos. Pasámolo tan ben que xa estamos desexando volver telo connosco.
GRAZAS MAGO CHIRLETA!!!
xoves, 11 de outubro de 2018
MOCHILAS VIAXEIRAS
Que ganiñas de empezar a disfrutar delas coas nosas familias!!!
martes, 9 de outubro de 2018
OS BOLECHAS NA BIBLIOTECA
Os Bolechas queren saber como é una biblioteca e deciden ir a unha Pública.
xoves, 4 de outubro de 2018
TESOUROS DE VERÁN
Durante estas semanas estivemos investigando sobre os tesouros que atopou o noso alumnado este verán.Tiveron que falar sobre os libros que leron e cal recomendarían a algún amigo.
Dentro duns días xa vos amosaremos os resultados.
mércores, 12 de setembro de 2018
BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO
Dende A Fraga dos Soños dámosvos a benvida a este novo curso. Esperamos ter un ano cheo de novas actividades e experiencias interesantes. Vémonos pronto!!
FELIZ CURSO E BOAS LECTURAS!!!
luns, 14 de maio de 2018
"Aínda quedan piratas na Costa da Morte"
"Piratas, o que son piratas de verdade
xa non quedan, pero Xoán e Marcos compórtanse coma se fosen: son
ruíns, ansían o tesouro e ata pelexan en serio".
Tivemos a nosa penúltima xuntanza para
comentar o libro" Aínda quedan piratas na Costa da Morte", o cal a todos nos pareceu un libro entretido e cunha bonita historia, aínda que o vocabulario ás veces resultaba un pouco complicado, o que facía
máis difícil a comprensión.
Houbo dúas cousas que non nos
agradaron:
Que se poidese considerar nun
principio, que vir de vacacións a GALICIA fose un castigo, e sobre
todo que as imaxes que aparecen, ao ser en branco e negro, son moi
tristes e nós pensamos que na NOSA TERRA a paisaxe é espectacular e
alegre: os prados e bosques verdes , o ceo e o mar moi azuis e con moita luz.
Pareceunos moi interesante que se
nomen lugares da xeografía e aspectos da cultura de Galicia que existen de
verdade: San Andrés de Teixido, comentamos que se algunha vez imos
aló debemos ter coidado de non pisar os animais por se acaso, a
queimada e os conxuros nas festas e reunións.
Tamén nos gustou:
- Que Héctor cambiara
tanto durante a súa estancia na casa dos tíos.
- Que descubrira o
gusto pola lectura grazas a Carolina.
Preparados para comezar a nosa última lectura proposta" PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL", sabemos polo que nos comentaron os compañeir@s que vai ser unha lectura moi, pero que moi divertida e que engancha dende a primeira páxina.
luns, 30 de abril de 2018
Isabel Blanco Rivas
Cando as profes nos presentaron o libro " As receitas de Rosaura" pensabamos que ao ser poesía non nos ía gustar tanto, pero foi empezar a ler e darnos conta de que ademais de aprender a cociñar con receitas moi fáciles. O libro estaba moi ben escrito: a estructura, como se fosen textos instructivos ; a distribuccíon da lista da compra en forma de escaleira; o vocabulario era sinxelo...
Logo cando nos dixeron que ISABEL BLANCO nos ía visitar, foi emocionante preparar murais, poemas, receitas ...todo para recibila!
Chegou o día e estabamos nervios@s... Como será? Gustaranlle os nen@s? Pensará que podemos escribir algún día coma ela?... Moitas preguntas e moitos nervios!
Foi un pracer compartir con ela ese anaco de tempo, durante o cal coñecémola un pouquiño máis. Compartimos lectura de poemas de Rosaura, mesmo tivemos a primicia de disfrutar da lectura de dous poemas do seu novo libro " Rosaura e o mar", que está a punto de saír.
Para reccibir a Isabel e mostrarlle que somos cociñeir@s e poet@s, fixemos as súas recceitas e ... atrevémonos a escribir algún poema.
Moitísimas grazas ISABEL por os teus libros tan fermosos e por contribuír a que nos guste máis a poesía!!!!
Esperamos volverte ver na nosa escola axiña!!!
Queremos dar as grazas a tod@s os que colaboráchedes aportando os ricos manxares que poidemos degustar entre todos ao final do encontro:
Carla 6ºD |
Jose Manuel 6ºC |
Nicolás 6ºD |
Adrián 6ºD |
Profe Elena |
As froitas con chocolate de Claudia 6ºC |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)