Cando as profes nos presentaron o libro " As receitas de Rosaura" pensabamos que ao ser poesía non nos ía gustar tanto, pero foi empezar a ler e darnos conta de que ademais de aprender a cociñar con receitas moi fáciles. O libro estaba moi ben escrito: a estructura, como se fosen textos instructivos ; a distribuccíon da lista da compra en forma de escaleira; o vocabulario era sinxelo...
Logo cando nos dixeron que ISABEL BLANCO nos ía visitar, foi emocionante preparar murais, poemas, receitas ...todo para recibila!
Chegou o día e estabamos nervios@s... Como será? Gustaranlle os nen@s? Pensará que podemos escribir algún día coma ela?... Moitas preguntas e moitos nervios!
Foi un pracer compartir con ela ese anaco de tempo, durante o cal coñecémola un pouquiño máis. Compartimos lectura de poemas de Rosaura, mesmo tivemos a primicia de disfrutar da lectura de dous poemas do seu novo libro " Rosaura e o mar", que está a punto de saír.
Para reccibir a Isabel e mostrarlle que somos cociñeir@s e poet@s, fixemos as súas recceitas e ... atrevémonos a escribir algún poema.
Moitísimas grazas ISABEL por os teus libros tan fermosos e por contribuír a que nos guste máis a poesía!!!!
Esperamos volverte ver na nosa escola axiña!!!
Queremos dar as grazas a tod@s os que colaboráchedes aportando os ricos manxares que poidemos degustar entre todos ao final do encontro:
Carla 6ºD |
Jose Manuel 6ºC |
Nicolás 6ºD |
Adrián 6ºD |
Profe Elena |
As froitas con chocolate de Claudia 6ºC |
Ningún comentario:
Publicar un comentario