Luns, 10 de abril:
Na biblioteca estabamos ansiosos de comentar e falar sobre o libro que tocara ler durante o mes de marzo: " Las Brujas" de Roald Dahl. Un libro entretido, divertido, con toques de humor e no que se reflicten valores tan importantes como: a valentía, o amor e respecto cara ós maiores, a loita contra a maldade...
Cando o acabamos de ler todos sentimos:
Mágoa ao pensar que o protagonista , ao que lle chamabamos o neno sen nome, ía quedar para sempre sendo un pequeno ratiño.
Admiración por el e pola súa avoa, que souberon aceptar o destino do protagonista a cambio de poder facer ben ao demais nenos do mundo.
Todos tiñamos moito que dicir:
Aday: unha das características das bruxas que me impresionou era que tiñan lume nas pupilas.
Eloy: O que máis me gustou foi cando o neno lle pregunta a avoa canto tempo pode vivir un ratiño, canto tempo lle quedaba a ela e que se ían morrer xuntos que non lle importaba. Non me gustou pensar que o neno ía morrer antes de tempo.
Tamén me resultou moi interesante comprobar o intelixente que era a avoa, ideando mecanismos para que o protagonista se puidera valer por si mesmo, por exemplo como abrir as portas.
Judit: Chamoume a atención unha frase : "Los niños no deberían bañarse nunca, es una costumbre peligrosa". Claro, cando un neno estaba recén bañado ás bruxas cheiraballes a " caca de can".
Aaron: Todo o contrario que na realidade, para salvarte das bruxas tiñas que cheirar mal e non bañarte a miudo.
Atopamos nos dos personaxes principais virtudes moi importantes
nunha persoa :
nunha persoa :
O neno
intelixente
áxil
aventureiro
bo
valente
|
A avoa
cariñosa
lista
amable
comprensiva
fumadora
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario