xoves, 21 de decembro de 2017

LECTURAS PARA NADAL

Felices Festas rapaces e rapazas!! Xa están aquí as vacacións e con elas moito tempo para adicarlle  á familia, aos amigos, aos xogos e por suposto, á lectura. Aquí tedes unha selección de libros que vos recomendamos para o Nadal. Esperamos que gocedes coa súa lectura!



 
 



                              FELICES     FESTAS!!!!!!                          
                   FELICES LECTURAS!!!

martes, 7 de novembro de 2017

CLUB DE LECTURA. Las Brujas


Hoxe por fin tivemos a primeria xuntanza. Era un libro entretido e fácil de ler, Las brujas  de ROALD DAHL



Encontramos certo paralelismo entre a vida do protagonista e o propio autor: avós noruegos, vacacións en Noruega, accidente de familiares...
Tod@s nos demos conta de que o nome do  personaxe principal non aparecía escrito por ningunha parte, era porque está escrito en 1º persoa.

Tod@s tiñamos as nosas propias opinións:
Damián; - Eu creo que o accidente dos seus pais foi provocado por unha bruxa, que quería evitar que a súa avoa seguise investigando. O neno é moi intelixente, sabe buscar solucións.
Pablo: - Sorprendeume dun xeito pouco agradable o aspecyo da gran bruxa.
Héctor: -  Non me gustou que morreran os pais do protagonista.
A Claudia chamoulle a atención como a bruxa fixo os cálculos para aniquilar a todos os nenos ( pax 13).
Laura: - Paréceme connovedor que o neno quixera morrer cando a súa avoa.
Rebecca :  - Gustoume cando o neno rato calculou o tempo que lle podía quedar de vida e que quixera non sobrevivir á avoa.
Nerea: - Sorprendeu o valente que foi  entrando na cociña, sabendo que  podía ser aplastado por calquera cociñeiro.
Aloia dixo que lle chamou a atención moito como a avoa deseñou  un plan para axudar ao neto.
Ángel: O protagonista  foi moi positivo e valente.

O  tempo pasou moi rápido e aínda tiñamos moitas cousas que contar. Que mágoa!! 
Pero... Xa temos novo libros: " AÏNDA quedan  PIRATAS na COSTA da MORTE".  SERÁ VERDADE???








 


luns, 6 de novembro de 2017

SAMAIN TERRORÍFICO

Durante toda esta semana estamos a celebrar na biblioteca ENCONTROS  ca participación de  narrador@s e actores de 6º Nivel, para mostrarnos os seus propios relatos de medo, onde  bruxas, monecas sen cabeza, vampiros, mostruos, morcegos... son os  protagonistas.



" Sssssssssilencio, luces apagadas...













martes, 10 de outubro de 2017

BENVIDOS



Comezamos novo curso e xa estamos dispost@s para novas e intrigantes lecturas.

Xa empezou a súa andaina o CLUB DE LECTURA, xa tod@s temos o noso libro: " Las Brujas" de Roald Dahl. Mentras disfrutamos das nosas lecturas de maneira individual, estamos preparando novas sorpresas para tod@s vós. A primeira será no  Samaín. Estade atent@s!!!

Lecturas para un Samaín terrorífico:

 

 



martes, 27 de xuño de 2017

LECTURAS REFRESCANTES PARA O VERÁN


Xa empezaron as vacacións de verán e  as bibliotecas escolares galegas, coma todos os anos, comezaron a difundir as súas recomendacións de lectura: libros, películas, exposicións, música... diferentes propostas para según os vosos intereses e pensando tamén nos diferentes sectores da comunidade educativa. 


MERGÚLLATE NA LECTURA ESTE VERÁN!!!

martes, 30 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS

Con motivo das Letras Galegas puidemos disfrutar de diferentes actividades:

-Obra de teatro donde puidemos escoitar diferentes relatos de Carlos Casares (A galiña azul, O can   Rin e o Lobo Crispín e Toribio e a Máquina do tempo) entre outros
.
-Unha exposición de carteis informativos sobre a súa vida e obra.


- Xornada de Xogos Populares.



E xa desexando que chegue a mostra de teatro deste ano!!!

luns, 24 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO




Chegou o Día do Libro e  como en pasadas edicións celebrámolo con " lecturas compartidas". Os padriños léronlles aos seus afillados e tamén houbo afillados que quixeron lerlles aos seus padriño. Conseguiuse crear unha maxia especial entre eles e a lectura, momentos de paz onde só se escoitaba o vo das palabras polo aire, concidindo coas palabras coas que nos agasallou este ano  Rosalía Fernández Rial  ás Bibliotecas Escolares de Galicia.



Continuaremos coa programación de Abril na que vos iremos informando do que vai ir acontecendo.

martes, 4 de abril de 2017

MOSTRA DOS NOSOS POETAS E POETISAS

Durante este mes de marzo os nosos corredoiros enchéronse de poesía. Expuxéronse o 24, día de Rosalía de Castro, algunhas desta escritora, pero ao seu carón tamén apareceron as dos nosos poetas e poetisas.

GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

                                     




luns, 27 de marzo de 2017

MOSTRA DE POETAS NOUTRAS LÍNGUAS

Durante este mes tamén puidemos coñecer a algúns poetas estranxeiros e disfrutar dalgunha das súas poesías. Foi divertido ver como se escribe e como soa noutros idiomas.


martes, 21 de marzo de 2017

EXPOSICIÓN DE POESÍA

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA POESÍA pero   querémosvos animar a ler e escribir POESÍA durante todo o mes de marzo. Temos preparada unha mostra de libros para que a podades disfrutar. 

Esperámosvos na biblioteca!!!



martes, 14 de marzo de 2017

MARZO, MES DA POESÍA

                                   

Durante este mes animámosvos de xeito especial a ler , escribir e ilustrar poesía.Desexamos que lle perdades o medo.

"Non lemos e escribimos poesía porque é bonita. Lemos e escribimos poesía porque pertencemos á raza humana. E a raza humana está chea de paixón...Pero a poesía , a beleza, o romanticismo, o amor, son as cousas que nos manteñen vivos..."
                                                      
                                                         (O club dos poetas mortos)

luns, 6 de marzo de 2017

CHARLA SOBRE A VESPA VELUTINA

Esta semana pasada tivemos charlas informativas sobre a vespa velutina ou vespa asiática, a cargo de Roberto, bombeiro, e de Tomás Rivero, apicultor. Aprendimos a recoñecela e como axudar a combatila. Ensináronnos como facer trampas caseiras , un medio moi útil de colaboración, para controlar o número de vespas e frear a formación de niños. Todos acabamos a charla desexando construir unha para poder axudar a eliminala.




Tan pronto chegamos a clase quixemos ler o folleto que nos deron por se nos quedou algo sen aprender.



martes, 21 de febreiro de 2017

TEMPO DE ENTROIDO

Dende a biblioteca preparouse unha exposición con información sobre o entroido do Triángulo Máxico de Galicia e sobre o de Ponteareas.
Esta é unha boa época para investigar sobre as tradicións relacionadas con esta festa.








mércores, 15 de febreiro de 2017

O TRIÁNGULO MÁXICO DO ENTROIDO OURENSÁN

Xa está chegando o Entroido, unha época para gozar da troula. Un dos sitios onde se vive dun xeito especial esta festa é no corazón de Ourense, no chamado triángulo máxico: Xinzo de Limia, Verín e Laza.

Xa estamos nos días centrais do Entroido, e nos principais puntos da nosa terra xa teñen todo preparado para gozar da troula ao máximo.
 Xa levan varias fins de semana de festa e seguen! 
En cada un destes entroidos teñen a súa figura tradicional e emblemática. 
En Xinzo de Limia  son as pantallas, figuras que levan máscaras (case sempre artesanais) con cara de demo con cornos e que van vestidas con camisa e calzón branco, capa vermella ou negra e pano da cabeza (normalmente vermello), polainas negras e zapatos negros. Na cintura levan unha faixa de tea vermella cunhas campaíñas que van facendo soar. Ademais, nas mans levan vexigas de vacas secas e infladas.

A función das pantallas no Entroido é a de vixiar que ninguén vaia pola rúa sen disfrace.


 En Verín saen os cigarróns, unhas figuras que levan un traxe que pesa arredor de 25 quilos, contando coas chocas e coa máscara. Esta máscara está feita con madeira de bidueiro e remata cunha mitra de folla de lata decorada con motivos de animais. Ademais, visten camisa branca con gravata e chaqueta con galóns e flocos, calzón curto branco e medias tamén brancas. Levan chocas que fan soar cando bailan, saltan e corren, e na man levan unha fusta coa que chaman á orde.


O último punto do triángulo é Laza, cos seus peliqueiros, que reciben este nome pola pelica (pel dun animal) que levan colgada na parte traseira da máscara. A súa vestimenta é parecida á dos cigarróns, con camisa branca, gravata e chaqueta con galóns e flocos. Levan calzón curto branco con pompóns a modo de volantes, medias de encaixe brancas e zapatos negros. Por riba dos calzóns levan unha faixa de cor cun cinto de pel con seis chocas.


Os peliqueiros van en fila, correndo e saltando polas rúas, abrindo paso coa fusta e coas chocas soando co movemento.
Os entroidos de Xinzo de Limia e de Verín teñen o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.