Felices Festas rapaces e rapazas!! Xa están aquí as vacacións e con elas moito tempo para adicarlle á familia, aos amigos, aos xogos e por suposto, á lectura. Aquí tedes unha selección de libros que vos recomendamos para o Nadal. Esperamos que gocedes coa súa lectura!
FELICES FESTAS!!!!!!
FELICES LECTURAS!!!
Páxinas
▼
xoves, 21 de decembro de 2017
martes, 7 de novembro de 2017
CLUB DE LECTURA. Las Brujas
Encontramos certo paralelismo entre a vida do protagonista e o propio autor: avós noruegos, vacacións en Noruega, accidente de familiares...
Tod@s nos demos conta de que o nome do personaxe principal non aparecía escrito por ningunha parte, era porque está escrito en 1º persoa.
Tod@s tiñamos as nosas propias opinións:
Damián; - Eu creo que o accidente dos seus pais foi provocado por unha bruxa, que quería evitar que a súa avoa seguise investigando. O neno é moi intelixente, sabe buscar solucións.
Pablo: - Sorprendeume dun xeito pouco agradable o aspecyo da gran bruxa.
Héctor: - Non me gustou que morreran os pais do protagonista.
A Claudia chamoulle a atención como a bruxa fixo os cálculos para aniquilar a todos os nenos ( pax 13).
Laura: - Paréceme connovedor que o neno quixera morrer cando a súa avoa.
Rebecca : - Gustoume cando o neno rato calculou o tempo que lle podía quedar de vida e que quixera non sobrevivir á avoa.
Nerea: - Sorprendeu o valente que foi entrando na cociña, sabendo que podía ser aplastado por calquera cociñeiro.
Aloia dixo que lle chamou a atención moito como a avoa deseñou un plan para axudar ao neto.
Ángel: O protagonista foi moi positivo e valente.
O tempo pasou moi rápido e aínda tiñamos moitas cousas que contar. Que mágoa!!
Pero... Xa temos novo libros: " AÏNDA quedan PIRATAS na COSTA da MORTE". SERÁ VERDADE???
luns, 6 de novembro de 2017
SAMAIN TERRORÍFICO
martes, 10 de outubro de 2017
BENVIDOS
Comezamos novo curso e xa estamos dispost@s para novas e intrigantes lecturas.
Xa empezou a súa andaina o CLUB DE LECTURA, xa tod@s temos o noso libro: " Las Brujas" de Roald Dahl. Mentras disfrutamos das nosas lecturas de maneira individual, estamos preparando novas sorpresas para tod@s vós. A primeira será no Samaín. Estade atent@s!!!
Lecturas para un Samaín terrorífico:
martes, 27 de xuño de 2017
LECTURAS REFRESCANTES PARA O VERÁN
MERGÚLLATE NA LECTURA ESTE VERÁN!!!
martes, 30 de maio de 2017
LETRAS GALEGAS
Con motivo das Letras Galegas puidemos disfrutar de diferentes actividades:
-Obra de teatro donde puidemos escoitar diferentes relatos de Carlos Casares (A galiña azul, O can Rin e o Lobo Crispín e Toribio e a Máquina do tempo) entre outros
.
.
luns, 24 de abril de 2017
DÍA DO LIBRO
Continuaremos coa programación de Abril na que vos iremos informando do que vai ir acontecendo.
martes, 4 de abril de 2017
MOSTRA DOS NOSOS POETAS E POETISAS
luns, 27 de marzo de 2017
MOSTRA DE POETAS NOUTRAS LÍNGUAS
Durante este mes tamén puidemos coñecer a algúns poetas estranxeiros e disfrutar dalgunha das súas poesías. Foi divertido ver como se escribe e como soa noutros idiomas.
martes, 21 de marzo de 2017
EXPOSICIÓN DE POESÍA
Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA POESÍA pero querémosvos animar a ler e escribir POESÍA durante todo o mes de marzo. Temos preparada unha mostra de libros para que a podades disfrutar.
Esperámosvos na biblioteca!!!
Esperámosvos na biblioteca!!!
martes, 14 de marzo de 2017
MARZO, MES DA POESÍA
Durante este mes animámosvos de xeito especial a ler , escribir e ilustrar poesía.Desexamos que lle perdades o medo.
"Non lemos e escribimos poesía porque é bonita. Lemos e escribimos poesía porque pertencemos á raza humana. E a raza humana está chea de paixón...Pero a poesía , a beleza, o romanticismo, o amor, son as cousas que nos manteñen vivos..."
(O club dos poetas mortos)
luns, 6 de marzo de 2017
CHARLA SOBRE A VESPA VELUTINA
Tan pronto chegamos a clase quixemos ler o folleto que nos deron por se nos quedou algo sen aprender.
martes, 21 de febreiro de 2017
TEMPO DE ENTROIDO
Dende a biblioteca preparouse unha exposición con información sobre o entroido do Triángulo Máxico de Galicia e sobre o de Ponteareas.
Esta é unha boa época para investigar sobre as tradicións relacionadas con esta festa.
Esta é unha boa época para investigar sobre as tradicións relacionadas con esta festa.
mércores, 15 de febreiro de 2017
O TRIÁNGULO MÁXICO DO ENTROIDO OURENSÁN
Xa está chegando o Entroido, unha época para gozar da troula. Un dos sitios onde se vive dun xeito especial esta festa é no corazón de Ourense, no chamado triángulo máxico: Xinzo de Limia, Verín e Laza.
Xa estamos nos días centrais do Entroido, e nos principais puntos da nosa terra xa teñen todo preparado para gozar da troula ao máximo.
Xa estamos nos días centrais do Entroido, e nos principais puntos da nosa terra xa teñen todo preparado para gozar da troula ao máximo.
Xa levan varias fins de semana de festa e seguen!
En cada un destes entroidos teñen a súa figura tradicional e emblemática.
En Xinzo de Limia son as pantallas, figuras que levan máscaras (case sempre artesanais) con cara de demo con cornos e que van vestidas con camisa e calzón branco, capa vermella ou negra e pano da cabeza (normalmente vermello), polainas negras e zapatos negros. Na cintura levan unha faixa de tea vermella cunhas campaíñas que van facendo soar. Ademais, nas mans levan vexigas de vacas secas e infladas.
A función das pantallas no Entroido é a de vixiar que ninguén vaia pola rúa sen disfrace.
A función das pantallas no Entroido é a de vixiar que ninguén vaia pola rúa sen disfrace.
En Verín saen os cigarróns, unhas figuras que levan un traxe que pesa arredor de 25 quilos, contando coas chocas e coa máscara. Esta máscara está feita con madeira de bidueiro e remata cunha mitra de folla de lata decorada con motivos de animais. Ademais, visten camisa branca con gravata e chaqueta con galóns e flocos, calzón curto branco e medias tamén brancas. Levan chocas que fan soar cando bailan, saltan e corren, e na man levan unha fusta coa que chaman á orde.
Os peliqueiros van en fila, correndo e saltando polas rúas, abrindo paso coa fusta e coas chocas soando co movemento.
Os entroidos de Xinzo de Limia e de Verín teñen o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.