mércores, 27 de novembro de 2019

HOXE FOMOS DE TEATRO


Hoxe puidemos disfrutar, grazas a ANPA, da obra de teatro "Os Rockenstein"
 O doctor Rockenstein é un gran científico,un gran amante da música e ten medo que desapareza da terra. No seulaboratorio decide crear unha criatura e convertila nunha estrela musical que salve o Rock´n Roll.Pero... saen tres!!!
O doctor ten que edúcalos para que se formen antes como persoas que como rockeiros
Por medio das cancións  aprenderán a importancia de saber escoller un oficio, de coñecer o mundo e as diferentes persoas que o habitan, e tamén o importante que é aprender a saber coidar dun mesmo cando é necesario.
Despois da súa formación fundan un grupo de rock co doctor, OS ROKENSTEIN e non deixarán que desapareza o bo Rock´n Roll.

xoves, 21 de novembro de 2019

HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?





Carlota era unha princesa rosa. Co seu vestido rosa, o seu armario cheo de roupa rosa. Pero Carlota estaba farta do rosa e de ser unha princesa. Quería vestir de vermello, de verde o de violeta. Non quería besar sapos nin quería príncipes azuis.

A súa ilusión é ser diferente, vivir as aventuras que os príncipes viven nos contos...rescatalos a eles das garras do lobo, cazar a fieros dragóns, voar en globo para vivir outras aventuras sen deixar de ser princesa.


 



xoves, 7 de novembro de 2019

AI, MAMASIÑA QUE MEDO

  
                                         

Estos son os tres relatos curtos gañadores do concurso organizado polo concello: Ai, mamasiña que medo!
Os gañadores do concurso foron tres nen@s do noso colexio!! Juan de 6ºA (1º premio) e Julia (2º premio) e Olympia de 6º(accésit) . 

   


                                     

                          NORABOA AOS TRES!!!