luns, 24 de febreiro de 2020

UN ENTROIDO "MÁXICO"




Este ano o entroido do noso centro encheuse de maxia, seguindo co proxecto impulsado dende a biblioteca e contaxiados polo noso profe, O MAGO CHIRLETA.

 Foi unha xornada realmente máxica na que tiveron cabida magos, meigas, videntes, gnomos,a maxia de Mary Poppins, o mundo de Harry Potter...

QUE BEN O PASAMOS NESTE ENTROIDO "MÁXICO"!

martes, 11 de febreiro de 2020

12 MUJERES QUE TRANSFORMARON LA CIENCIA

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

                                 

O Día Internacional das Mulleres e as Nenas na ciencia e a tecnoloxía foi proclamado no 2015 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e das nenas na ciencia, para lograr a igualdade de xénero e o seu empoderamento.

Hoxe querémosvos animar a ler algúns libros sobre mulleres que se dedicaron e se dedican á ciencia, en especial este que fala de doce mulleres galegas que abriron camiños e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.