xoves, 30 de maio de 2019

ISABEL BLANCO NO NOSO CENTRO

Unha vez máis tivemos a sorte de disfrutar da visita de Isabel Blanco no noso centro. Falamos dos últimos libros escritos por ela "Rosaura e o Mar" e "María Vinyals". Foron momentos cheos de fermosas verbas e maxia, como sempre que nos visita.

MOITAS GRAZAS ISABEL!!!

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS


.
Para celebras as letras Galegas traballamos nas aulas a figura de Antón Fraguas durante esa semana. Para rematar a celebración fixemos  xogos populares e puidemos disfrutar dun pequeno concerto a cargo dos profes de música, da profe Coral, a profe Nerea, a nosa compañeira de 3º Ari e do pai da profe Antía




martes, 14 de maio de 2019

HISTORIAS DA VIDA DE ANTÓN FRAGUAS





Deixámosvos este pequeno vídeo para que coñezades un pouco a vida de Antón Fraguas, escritor homenaxeado nestas Letras Galegas 2019.


xoves, 9 de maio de 2019

LECTURAS COMPARTIDAS EN FAMILIA


Para celebrar o Día do libro organizáronse no cole distintas actividades.Entre elas estivo a visita dalgúns país e nais para lerlles contos aos alumnos e alumnas de Educación Infantil.
Dende aquí queremos darlles as grazas por participar e compartir con nos estos momentos.

FORON MOMENTOS INOLVIDABLES!!!

mércores, 1 de maio de 2019

HORA DE LER NO PATIO NO DÍA DO LIBRO






Un ano máis saímos ao patio para celebrar o Día do Libro. Compartiron lecturas  padriños e madriñas cos seus afillados con moita emoción. Vanse desenvolvendo vínculos afectivos moi especiais entre eles.Os maiores síntense importantes preparando un conto para os pequenos , e éstos están encantados de recibir uns contacontos tan entregados.Este ano tamén houbo os que se animaron a lerlles poesías incluso inventadas por eles mesmos.
 Había un ambiente de lectura inmellorable e un murmurio de historias que voaban polo aire.

RECUNCHO LECTOR NO PATIO


Hoxe queremos presentarvos o noso recuncho lector, paso a paso. Este é un dos recunchos  incluidos dentro dun proxecto sobre patios inclusivos elaborado  por Paula Abalde González.
Axudounos a tomar conciencia da influencia que o entorno ten nas  nosas vidas e no noso comportamento. Ensinounos a observar, analizar e ver con outros ollos o noso patio.   

Tivemos inauguración oficial e todo!!

 Dende aqui queremos darlle as grazas por  ilusionarnos a todos,  alumnos e alumnas, profesores e profesoras e incluso ás familias co seu traballo.


CONTACONTOS DE 4º A



Deixámosvos aqui unha pequena mostra dos alumnos e alumnas de 4ºA contándolle contos ao alumnado de Educación Infantil.
Noraboa polo voso traballo!!