lunes, 14 de mayo de 2018

"Aínda quedan piratas na Costa da Morte"


"Piratas, o que son piratas de verdade xa non quedan, pero Xoán e Marcos compórtanse coma se fosen: son ruíns,  ansían o tesouro e  ata pelexan en serio".

Tivemos a nosa penúltima xuntanza para comentar o libro" Aínda quedan piratas na Costa da Morte", o cal  a todos nos pareceu un libro entretido e cunha bonita historia, aínda que o vocabulario ás veces resultaba un pouco complicado, o que facía máis difícil a comprensión.

Houbo dúas cousas que non nos agradaron:
Que se poidese considerar nun principio, que vir de vacacións a GALICIA fose un castigo, e sobre todo que as imaxes que aparecen, ao ser en branco e negro, son moi tristes e nós pensamos que na NOSA TERRA a paisaxe é espectacular e alegre: os prados e bosques verdes , o ceo e o mar moi azuis e con moita luz.

Pareceunos moi interesante que se nomen lugares da xeografía e aspectos da cultura de Galicia que existen de verdade: San Andrés de Teixido, comentamos que se algunha vez imos aló debemos ter coidado de non pisar os animais por se acaso, a queimada e os conxuros nas festas e reunións.

Tamén nos gustou:
 - Que Héctor cambiara tanto durante a súa estancia na casa dos tíos.
 - Que descubrira o gusto pola lectura grazas a Carolina.

Falamos de premonicións e da interpretación dos nosos soños.






















Preparados para comezar a nosa última lectura proposta" PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL", sabemos polo que nos comentaron os compañeir@s que vai ser unha lectura moi, pero que moi divertida e que engancha dende a primeira páxina.






















lunes, 30 de abril de 2018

Isabel Blanco Rivas






A ESCRITORA E AVOGADA ISABEL BLANCO RIVAS VISITA A NOSA ESCOLA.

Cando as profes nos presentaron o libro " As receitas de Rosaura" pensabamos que ao ser poesía non nos ía gustar tanto, pero foi empezar a ler e darnos conta de que ademais de aprender a cociñar con receitas moi fáciles. O libro estaba moi ben escrito: a estructura, como se fosen textos instructivos ; a distribuccíon da lista da compra en forma de escaleira; o vocabulario era sinxelo...

Logo cando nos dixeron que ISABEL BLANCO nos ía  visitar, foi emocionante preparar murais, poemas, receitas ...todo para recibila!

Chegou o día e estabamos nervios@s... Como será? Gustaranlle  os nen@s? Pensará que  podemos escribir algún día coma ela?... Moitas preguntas e moitos nervios!

Foi un pracer compartir con ela ese anaco de tempo, durante o cal coñecémola un pouquiño máis. Compartimos  lectura de poemas de Rosaura,  mesmo tivemos a primicia de disfrutar da lectura de dous poemas do seu novo libro " Rosaura e o mar", que está a punto de saír.
Para reccibir a Isabel e mostrarlle que somos  cociñeir@s e poet@s, fixemos as súas recceitas e ... atrevémonos a escribir algún poema.

Moitísimas grazas ISABEL por os teus libros tan fermosos e por contribuír a que nos guste máis a poesía!!!!
Esperamos volverte ver na nosa escola axiña!!!













Queremos dar as grazas a tod@s os que colaboráchedes aportando os ricos manxares que poidemos degustar entre todos ao final do encontro:




Carla 6ºD
Jose Manuel 6ºC

Nicolás 6ºD

Adrián 6ºD

Profe Elena
As froitas con chocolate de Claudia 6ºC

martes, 17 de abril de 2018

" Las brujas " de Roald Dahl




Luns, 10 de abril:

Na biblioteca estabamos ansiosos de comentar e falar sobre o libro que tocara ler durante o mes de marzo: " Las Brujas" de Roald Dahl. Un libro entretido, divertido, con toques de humor e no que se reflicten valores tan importantes como: a valentía, o amor e respecto cara ós maiores, a loita contra a maldade...

Cando o acabamos de ler  todos sentimos:
Mágoa ao pensar que o protagonista , ao que lle chamabamos o neno sen nome, ía quedar para sempre sendo un pequeno ratiño.
Admiración por el e pola súa avoa, que souberon aceptar o destino do protagonista a cambio de poder facer ben ao demais nenos do mundo.

Todos tiñamos moito que dicir:
Aday: unha das características das bruxas que me impresionou era que tiñan lume nas pupilas.
Eloy: O que máis me gustou foi cando o neno lle pregunta a avoa canto tempo pode vivir un ratiño, canto tempo lle quedaba a ela e que se ían morrer xuntos que non lle importaba. Non me gustou pensar que o neno ía morrer antes de tempo.
Tamén me resultou moi interesante comprobar o intelixente que era a avoa, ideando mecanismos para que o protagonista se puidera valer por si mesmo, por exemplo como abrir as portas.
Judit: Chamoume a atención unha frase : "Los niños no deberían bañarse nunca, es una costumbre peligrosa". Claro, cando un neno estaba recén bañado ás bruxas cheiraballes a "  caca de can".
Aaron: Todo o contrario que na realidade, para salvarte das bruxas tiñas que cheirar mal e non bañarte a miudo.

Atopamos nos dos personaxes principais virtudes moi importantes
 nunha persoa :

O neno
intelixente
áxil
aventureiro
bo
valente
A avoa
cariñosa
lista
amable
comprensiva
fumadora














Novo libro: "Aínda quedan piratas na costa da morte". Averiguarémolo e dirémosvolo na seguinte reunión se aínda quedan PIRATAS en GALICIA,




Próxima reunión o 7 de maio.





lunes, 12 de marzo de 2018

COMENTAMOS POESÍA!!

É a nosa Primeira reuión e comezamos lendo  POESÍA, " As receitas de Rosaura" de Isabel Blanco e ilustrado por Luz Beloso e "Un buen rato con cada plato"  de Rafael Ordoñez , coma todas as reunións acompañamos a nosa charla con doces que xunto cos libros enchían a biblioteca con fragantes, arrecentes, cheiros... moi apepitosos e suxerentes.

Resultaron ser dos libros que nos gustou ler por seren entretidos, divertidos  e fáciles de ler, e ademais  serviron de inspiración para facer as nosas creacións.











   Alejandra Mo                                                                                                         Itziar



      Comezamos con " As receitas de Rosaura":
   
Sara e Itziar:- Gustounos como explica as receitas, parecen que son moi difíciles de facer, cando en realidade son moi sinxelas, pode facelas un nen@.  Quere facer crer que sabe cociñar moi ben.

Siomara: - As súas receitas son moi sinxelas e  para facelas máis interesantes  dálles formas: Tortilla de flores de espicanas...

Alejandra Mo: - É curioso como explica que ordenaba todos os condimentos.

Noelia: Observei que ao final de cada poema  engadíase unha rima.

Judit: -Chamoume a atención que a lista da compra está en escaleira.

Angélica: - As ilustracións son moi bonitas, e chamoume a atención unha na que aparece Rosaura lendo o seu propio libro.


Comentamos máis polo miúdo o libros de Rosaura, xa que en breve, imos recibir a visita da autora, e temos moitas gañas de coñecela.

Do libro " Un buen raro con cada plato" gustounos que os poemas resultaban ser adiviñanzas, que  cada  poema estivera  agrupado en pareados, e que non só tratase de sobremesas, senón de todo tipo de alimentos, que nos soen gustar aos nen@s.




















Marchamos para a casa cun novo libro, esta vez narrativa: " LAS BRUJAS" Roald D. Ten moi boa pinta!!!!!!


martes, 20 de febrero de 2018

PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROL. 5 DE FEBREIRO 2018

 ESTAMOS DE DESPEDIDA. ÚLTIMA REUNIÓN CLUB DE LECTURA DO PRIMEIRO GRUPO.


Eran tantas as cousas que tiñamos para comentar!!!!!!
Empezamos por... o libro " Prohibido leer a Lewis Carroll" Un libro cheo de situacións divertidas e curiosas, personaxes disparatados, situacións absurdas, nomes extravagantes e que nos revelaban unha característica do dono/a.
Coincidimos en que o final nos decepcionou, esperabamos algunha explicación máis sobre o que ocorriría con Alice e con Eugene.
Atapamos valores coma a sinceridade, o non querer mentir, o coñecemento...
Serviunos para reflexionar sobre que non é bo que nos prohiban facer cousas e coincidimos en recoñecer a importancia da imaxinación. Imitaremos a Alice e deixaremos voar a nosa imaxinación máis a miúdo.

Quixemos para rematar, facer un pequeno comentario sobre o sentido do club de lectura: foi divertido compartir opinións e doces durante estes meses, aprendemos dos demais e coñecémonos un pouco mellor entre nós, gustaríamos continuar ata xuño.

OLLO: " Non esquezades que aínda nos quedan dúas sesións xuntos en xuño"



Queremos agradecer ás mamás a súa colaboración, os seus doces fixeron as nosas xuntanzas máis agradables e moi apetitosas. Mil grazas.

Grazas familias. Estaba todo riquísimo.