sábado, 22 de decembro de 2018

FELICES FESTAS

Este ano propuxémos felicitar o novo ano en distintas línguas, coñecidas moitas delas po alún do noso alumnado.
O equipo da biblioteca e toda a comunidade educativa do CEIP Fermín Bouza Brey deséxavos un FELICES FESTAS e moi BOAS LECTURAS.


xoves, 20 de decembro de 2018

UN LIBRO POLO NADAL


As portas da nosa biblioteca abríronse un ano máis, para presentar as novidades dalgunhas editoriais, dentro da nosa campaña "Un libro polo Nadal". Durante o mes de decembro o noso alumnado estivo visitándoa e os martes pola tarde as familias,  para escoller posibles títulos e incluilos na lista de agasallos.



xoves, 13 de decembro de 2018

VISITA DE SUSANA LAMELA





O pasado martes tivemos a grata visita da escritora e mestra Susana Lamela. Contounos como naceu "Soños de Andel" e falounos tamén sobre os valores que quería transmitir con esta historia.
O alumnado de 2º fíxolle moitas preguntas sobre Ani e sobre o libro. 
Foi un encontro moi agradable e cheo de agarimo.

Moitas grazas Susana polo teu tempo e cariño!

Ata pronto!



domingo, 9 de decembro de 2018

UNHA HISTORIA SOBRE A DISCAPACIDADE



Unha historia  de amizade, contada cunha gran tenrura,  na que María coñece  ao seu novo compañeiro de clase , Nico, un neno con parálise cerebral, e o mete nos seus xogos a través da imaxinación  e o inxenio.
Unha boa historia para reflexionar sobre a discapacidade.

sábado, 8 de decembro de 2018

LECTURAS COMPARTIDAS


Este ano dende a Biblioteca, propoñemos momentos de Lecturas Compartidas durante todo o curso. Os maiores leranlle contos aos pequenos.Compartirán momentos de maxia  a través dos contos.
 Aqui vos deixamos algunhas imaxes destos momentos especiais.

mércores, 5 de decembro de 2018

A PRENSA NA AULA


Un ano máis achegamos a prensa ás aulas grazas a "La Voz de Galicia". Con esta actividade o alumnado aprenderá a comprender o mundo da prensa.
Unha actividade diferente e entretida coa que  aprenderemos moito sobre os xornais.