martes, 28 de xaneiro de 2020

DÍA DA ILUSTRACIÓN


O día da ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao.
Ademáis de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado  un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Cándido Fernández Mazas.
Un dos nosos pioneiros galegos da ilustración e pode ser que un dos máis descoñecidos.
Deixámosvos este vídeo para que o coñezades un pouco mellor.


                    

BÚSCASE ILUSTRADOR





martes, 21 de xaneiro de 2020

O MAGO DA CIENCIA


Hoxe invitámosvos a descubrir a maxia da ciencia con este caderno de sinxelos experimentos.
Só tendes que clicar no enlace que está debaixo da imaxe e xa poderedes empezar a convertirvos en Magos da Ciencia.