martes, 21 de decembro de 2021

Recomendacións lectoras de Nadal

Neste segundo ano consecutivo de "Nadal especial" queremos desexarvos que o pasedes o mellor posible e que poñades moitos libros nas vosas vidas, pois son grandes aliados da felicidade: endozan, alegran, evaden, transmiten, aloumiñan, acompañan, divirten, informan; lévannos de viaxe, aventuras, exploración... Quen da máis? 
Aí vai unha variada selección das últimas novidades.

xoves, 2 de decembro de 2021

Día Internacional da Discapacidade (3 de decembro)

Para traballar a concienciación sobre a situación e necesidades das persoas con diversidade funcional propomos varias reflexións e diferentes contos que contan moito. Tamén un serie de curtas que visibilizan máis.
Pequenos grans de area van facendo montañas, pon o teu!
Solidariedade, empatía, respecto, tolerancia, cooperación... concienciación 365 días ao ano!
Ademais desta proposta, nas sesións de Educación Física da semana do 13 ao 17 o alumnado poderá experimentar algunhas das dificultades e trabas coas que se atopan as persoas con diversidade funcional.