sábado, 30 de maio de 2020

CÁPSULA DO TEMPO

  Fomas parte da historia e estás a vivir unha experiencia que dentro duns anos contarás a outras persoas que aínda non naceron. Para deixar testemuño deste momento podemos construír unha cápsula do tempo. A continuación explicámosche como facela. Antes de agochala  por uns anos faille unha foto e compartea na bitácora.


                      

Se queres imprimir o documento para facela podes clicar  AQUI

ANIMÁDEVOS A FACELA!

ESTAMOS DESEXANDO VER AS VOSAS FOTOS!




venres, 15 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O Día das Letras Galegas é unha data para  rememorar  a figura dun gran escritor e difundir asi a nosa Língua. Este ano homenaxéase a Ricardo Carvalho Calero.
Deixámosvos este vídeo, narrado por alumnado do colexio San Pío X de Ourense, por se queredes coñecelo un pouco mellor.

              
As pitas baixo a choiva foi escrito por él. Aqui vos deixamos este pequeno vídeo donde vos contan a historia destas pitas.


                

      FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

venres, 8 de maio de 2020

MÁIS QUE SE APUNTAN AO RETO

Nico de 3º B e Laura e Noa de 4ºA quixeron apuntarse ao noso reto. Aquí vos deixamos as súas historias.




                                       






xoves, 7 de maio de 2020

CONTANDO HISTORIAS CON TÍTULOS DE LIBROS

A profe Ana de 3º B, decidiu contarlle unha historia aos seus alumnos e alumnas con títulos de libros que tiña na casa. Hoxe quere compartila con todos nos.



Estela, decidiu imitar á profe e mirade que historia tan bonita lle saíu.


A ver se alguén máis se anima, a contarnos máis historias con títulos de libros de casa.

                        Esperamos os vosos vídeos!!!


EU LEO NA CASA!!

TODO VAI SAÍR BEN!!!