mércores, 26 de xuño de 2019

LECTURAS REFRESCANTES PARA ESTE VERÁN

  



As  bibliotecas escolares galegas, coma todos os anos, comezaron a difundir as súas recomendacións de lectura, diferentes propostas para según os vosos intereses. As vacacións son un bo momento para disfrutar dun libro.

MERGÚLLATE NA LECTURA ESTE VERÁN!!!

sábado, 22 de xuño de 2019

FESTA DE FIN DE CURSO


Onte foi un día moi especial. Puxemos punto final a este curso cunha gran festa, festa de despedida e de moitas emocións.
Xa estamos esperando e preparando con moita forza e ilusión o curso que ven!!!
Disfrutade das vacacións!!!






xoves, 20 de xuño de 2019

MOSTRA DE TEATRO






Por fin chegou a mostra de teatro. Este ano preparáronse nos talleres dos recreos. Dende aquí queremos darlle a noraboa aos participantes e ao profesorado por este día tan máxico que nos regalaron.



domingo, 9 de xuño de 2019

ENTREGA DE PREMIOS DOS IV XOGOS FLORAIS



Onte foi a entrega dos premios de poesía da IV edicición dos Xogos Florais organizada polo Concello. Un acto cheo de música e poesía e un orgullo poder acompañar a Nahir e escoitala recitar o seu poema da súa propia voz.