domingo, 22 de decembro de 2019

ESPECTÁCULO DO MAGO MARCO NO COLE

Para rematar o trimestre puidemos disfrutar do espectáculo do Mago Marco. A maxia e o humor mezcláronse na súa actuación. Fixo participar tanto ao alumnado coma a algún profe.
 Pasámolo xenial!!

luns, 16 de decembro de 2019

EXPOSICIÓN DE LIBROS PARA O NADAL

  Durante este mes as portas da nosa biblioteca abríronse para presentar algunhas novidades , dentro da nosa campaña "Un libro polo Nadal".  O noso alumnado visitouna  para poder ir  escollendo posibles títulos para a súa lista de agasallos.
                       
                                 

domingo, 8 de decembro de 2019

POESÍAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano fixemos tamén poesías contra a violencia de xénero. Coas nosas verbas quixemos dicir non a esta lacre que, por desgracia, temos na nosa sociedade.




martes, 3 de decembro de 2019

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante estas semanas estivemos facendo diferentes traballos sobre a violencia de xénero. Aqui vos deixamos unha pequena mostra.