Resultaron ser dos libros que nos gustou ler por seren entretidos, divertidos e fáciles de ler, e ademais serviron de inspiración para facer as nosas creacións.
Alejandra Mo Itziar
Sara e Itziar:- Gustounos como explica as receitas, parecen que son moi difíciles de facer, cando en realidade son moi sinxelas, pode facelas un nen@. Quere facer crer que sabe cociñar moi ben.
Siomara: - As súas receitas son moi sinxelas e para facelas máis interesantes dálles formas: Tortilla de flores de espicanas...
Alejandra Mo: - É curioso como explica que ordenaba todos os condimentos.
Noelia: Observei que ao final de cada poema engadíase unha rima.
Judit: -Chamoume a atención que a lista da compra está en escaleira.
Angélica: - As ilustracións son moi bonitas, e chamoume a atención unha na que aparece Rosaura lendo o seu propio libro.
Comentamos máis polo miúdo o libros de Rosaura, xa que en breve, imos recibir a visita da autora, e temos moitas gañas de coñecela.
Do libro " Un buen raro con cada plato" gustounos que os poemas resultaban ser adiviñanzas, que cada poema estivera agrupado en pareados, e que non só tratase de sobremesas, senón de todo tipo de alimentos, que nos soen gustar aos nen@s.
Marchamos para a casa cun novo libro, esta vez narrativa: " LAS BRUJAS" Roald D. Ten moi boa pinta!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario