Páxinas
xoves, 22 de decembro de 2022
Recomendacións lectoras de Nadal
domingo, 20 de novembro de 2022
Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
xoves, 10 de novembro de 2022
Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento
Non deixes de tomar conciencia da importancia da Ciencia na vida cotiá.
venres, 28 de outubro de 2022
O Samaín
luns, 24 de outubro de 2022
Día Internacional das Bibliotecas
Benvidas e benvidos a a este novo curso! Hoxe estamos de celebración!
Conmemoramos o Día Internacional das Bibliotecas, unha iniciativa que serve para dar a coñecer a importancia da biblioteca como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, nun marco de creatividade infinita, que debe facilitar oportunidades de aprendizaxe diversas e ocasións para o encontro entre os distintos membros da comunidade educativa en relación coa lectura, o acceso ao coñecemento e a cultura en xeral.
Deben ser organismos vivos, viveiros de cidadanía nos que caben moitas actividades diferentes: ler, xogar, investigar, conversar, documentarse, informarse, aprender, visualizar películas e curtas, facer préstamo de libros, estudar, navegar nas webs, etc...
- Fíxate no marabilloso cartel ilustrado pola galega Xulia Vicente. O lema deste ano é BilioTEcuida, a maiores do que acompaña a esta efeméride dende 2019, Apta para todos os públicos!
- Coa fin de sacarlle o maior proveito a nosa biblioteca, mira a seguinte presentación e aprende a usala!
- Na seguinte entrada deixámosche as bases do noso concurso de escritura creativa, anímate a participar!
Concurso de escritura creativa
Entre as actividades organizadas este ano para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas, está o concurso de Lettering e Haikus, relacionado co lema das Bibliotecas Escolares de Galicia no presente curso académico: "Escribir a biblioteca escolar".
Anímate a participar! Na seguinte ligazón deixámosche as bases do concurso:
E, para amenizar e axudar a divulgar escoita!
domingo, 5 de xuño de 2022
Pasiños cara unha biblioteca creativa
Levamos tempo querendo formar parte do programa de innovación educativa "Biblioteca creativa" e este curso optamos por formarnos un pouquiño.
martes, 31 de maio de 2022
Concerto na biblioteca
martes, 26 de abril de 2022
Encontro coa gran Ledicia Costas
Por fin chegou o gran día!
Foi unha honra e un pracer recibir, por terceira vez na biblioteca do noso cole, a esta exitosa escritora galega. Autora de numerosas obras, tanto infantís como para adultos, esta vez conversamos con ela sobre a súa obra “A señorita Bubble” e adiantounos sobre o que versará a terceira entrega (pistas no video).
Había unha gran ilusión por vela e escoitala de novo!
Moitísimas grazas querida Ledicia!
sábado, 23 de abril de 2022
Día do Libro
Chegou o Día Mundial do Libro, no CEIP Fermín Bouza Brey celebrarémolo na semana do 25 ao 29 de abril, do seguinte xeito:
xoves, 31 de marzo de 2022
Día Internacional da Visibilidade Trans
venres, 25 de marzo de 2022
Ciencia na biblioteca
luns, 21 de marzo de 2022
Día Internacional da Poesía
Nesta cita pretendemos promover a lectura e a escritura de poemas a través dunha imaxe divertida e versátil deste xénero literario, creando poemas para as mulleres das nosas vidas, historia...
- Proposta de activades febreiro-marzo.
- Poemas da aula de 1º A.
- Traballos do alumnado nos clubs de lectura.
- Podcast do alumado.
mércores, 23 de febreiro de 2022
Día de Rosalía
Canto queremos a nosa escritoria máis solemne e internacional. Gran autora e feminista nus tempos difíciles para as mulleres, acadou co seu legado e tesón o recoñecemento merecido, polo que non podemos deixar de lembrarnos dela nesta data especial.
Este curso seguimos a proposta da asociación de escritoras e escritores en lingua galega.
domingo, 30 de xaneiro de 2022
Día da Ilustración 2022
O Día da Ilustración vense celebrando desde o ano 2014 por iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade máis a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). A finalidade é promover a obra dos ilustradores/as galegos/as de hoxe en día, así como reivindicar o traballo de profesionais clásicos, en moitas ocasións pioneiros, como é o caso do homenaxeado este ano: Reimundo Patiño.
Actividades do Día da Ilustración
Día Escolar da Non Violencia e a Paz
Cada 30 de xaneiro estamos de dobre celebración, este curso no cole preparáronse diferentes actividades por parte dos distintos equipos docentes. A coreografía da canción "Móvete" de Paco Nogueiras, o mural "Construímos Paz"... e para quenes queirades facer información documental deixámosvos o seguinte documento.