Páxinas

martes, 22 de decembro de 2020

Nadal Máxico

 ... e rematamos o ano coa actuación do Mago Chirleta, que visitou as aulas de infantil grazas ao programa "Máxica...mente". Que teñades unhas boas e máxicas vacacións!




O Castiñeiro Científico

Nun ano no que se falou tanto de Ciencia, desde a Biblioteca tamén quixemos facer a nosa aportación elaborando este Castiñeiro Científico. As súas follas son palabras relacionadas coa Ciencia, escollidas polo alumnado do colexio. Esperamos que sirva de agradecemento para todas esas persoas que, desde a Ciencia, intentan facer un mundo mellor. Grazas!


O Castiñeiro Científico


Bambán de vento

Entre as recomendacións lectoras para o Nadal, deixamos unha que nos fai especial ilusión: o libro da nosa compañeira Hortensia Bautista, acompañado das fermosas ilustracións de Aurora Quinteiro.

RESEÑA Bambán de vento é un convite a viaxar polo contorno desde o apego á paisaxe e cultura propias. Debullando lembranzas, vivencias e soños, a nena anímanos a partillar os tesouros agochados na nube da memoria e liberalos do baúl do esquecemento.

xoves, 17 de decembro de 2020

martes, 15 de decembro de 2020

Mago Goma

Entre os moitos libros que podemos atopar no rincón de maxia da biblioteca está o do  Mago Goma. A pasada semana veu un mago que o coñece moi ben e contounos a súa historia!





              Podes coñecer a historia do Mago Goma AQUÍ

venres, 4 de decembro de 2020

Coñece os teus dereitos!


Este mes conmemóranse varios días internacionais. Na seguinte PRESENTACIÓN podes informarte sobre Dereitos Humanos e da Infancia, sobre o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e tamén, acerca da Constitución Española!

xoves, 3 de decembro de 2020

Mes da Ciencia na Biblioteca!

Novembro foi o mes da ciencia e desde a biblioteca do colexio  organizamos distintas actividades. Nunha delas, grazas ao proxecto "Máxica...mente",  descubrimos que detrás dalgúns xogos de maxia hai unha explicación... científica!