domingo, 18 de decembro de 2016

CANTOS DE NADAL E DE REIS




Noutros tempos  era tradición nas nosas parroquias ir cantar polas casas nestas festas de Nadal. Percorríanse  as aldeas ou parroquias cantando panxoliñas, cantos de Nadal e cantares de Reis, toda unha tradición oral relacionada con esta épocal. Estas fermosas pezas de literatura popular  foron transmitidas oralmente ó longo dos séculos. Solicitábase o aguinaldo despois de cantar, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.),.
Os Reises cantamos pedindo aguinaldo
chourizas, touciño pra face-lo caldo.
Pra face-lo caldo,  pra face-lo caldo,
chourizas, touciño pedindo o aguinaldo


Pola zona sur da provincia de Pontevedra conservamos a nosa propia tradición de cantos de Nadal. As rondallas e os Ranchos de Reis son a expresión típica destas comarcas. Estes grupos percorren as parroquias durante estas datas.
Os músicos da rondalla visten dun xeito uniformado, levan capas, usan boina e preside a comitiva un abandeirado.



Ningún comentario:

Publicar un comentario