Páxinas

xoves, 28 de marzo de 2019

COMPARTINDO LECTURAS INTERCULTURAIS




O 15 de marzo, os nen@s de 5º A e os de 1º A tivemos a sorte de compartir de novo unha sesión de “Lecturas compartidas”.
 Para comezar os alumn@s de 5º, aproveitando o tema da interculturalidade e a diversidade de culturas por unha banda  e que estivemos traballando as lendas na aula por outra, buscamos lendas chinesas e exipcias  para compartir. “Los amantes mariposa”, entre as que máis nos gustaron.
Continuamos facendo  un xogo, utilizando as letras do alfabeto exipcio, descubrimos o significado dunha frase en chinés.
Para finaliza e sabendo que  os chineses son moi afeccionados ao origami, entre todos fixemos figuriñas de papel: unha ra, un canciño,  barquiños, chapeos, os típicos faroliños das celebracións chinesas…

Foi unha sesión moi entretida, divertida e ademáis… coñecÍmonos un pouquiño máis.

Estamos desexando empezar a preparar a seguinte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario