Páxinas

mércores, 10 de novembro de 2021

Día Internacional da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento

O Día Internacional da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento é un evento anual que se celebra en todo o mundo dende o ano 2002 coa finalidade de concienciar sobre a importancia da ciencia facendo fincapé no uso responsable da mesma para o beneficio das sociedades, en particular, para a erradicación da pobreza (futuro sostible - ODS 2030).

Dende o cole, un ano máis, tamén queremos aportar o noso gran de area achegando a ciencia a nosa biblio e aulas a través de: diversos experimentos, conversas e visibilización de diferentes persoas de ciencias, recomendacións lectoras e o fomento de visitas a museos de ciencias próximos (Naturnova, Vigo).

Xa vos iremos amosando os nosos traballos!

De entrada, deixámosvos o seguinte folleto informativo que contén o texto de Amparo Alonso Betanzos (Premio María Josefa Wonenburger Planells 2020), así como varias actividades organizadas en distintos concellos relativas a esta efeméride. Igualmente, dous interesantes videos pola equidade na ciencia.




Ningún comentario:

Publicar un comentario