Esta é unha boa época para investigar sobre as tradicións relacionadas con esta festa.
martes, 21 de febreiro de 2017
TEMPO DE ENTROIDO
Dende a biblioteca preparouse unha exposición con información sobre o entroido do Triángulo Máxico de Galicia e sobre o de Ponteareas.
Esta é unha boa época para investigar sobre as tradicións relacionadas con esta festa.
Esta é unha boa época para investigar sobre as tradicións relacionadas con esta festa.
mércores, 15 de febreiro de 2017
O TRIÁNGULO MÁXICO DO ENTROIDO OURENSÁN
Xa está chegando o Entroido, unha época para gozar da troula. Un dos sitios onde se vive dun xeito especial esta festa é no corazón de Ourense, no chamado triángulo máxico: Xinzo de Limia, Verín e Laza.
Xa estamos nos días centrais do Entroido, e nos principais puntos da nosa terra xa teñen todo preparado para gozar da troula ao máximo.
Xa estamos nos días centrais do Entroido, e nos principais puntos da nosa terra xa teñen todo preparado para gozar da troula ao máximo.
Xa levan varias fins de semana de festa e seguen!
En cada un destes entroidos teñen a súa figura tradicional e emblemática.
En Xinzo de Limia son as pantallas, figuras que levan máscaras (case sempre artesanais) con cara de demo con cornos e que van vestidas con camisa e calzón branco, capa vermella ou negra e pano da cabeza (normalmente vermello), polainas negras e zapatos negros. Na cintura levan unha faixa de tea vermella cunhas campaíñas que van facendo soar. Ademais, nas mans levan vexigas de vacas secas e infladas.
A función das pantallas no Entroido é a de vixiar que ninguén vaia pola rúa sen disfrace.
A función das pantallas no Entroido é a de vixiar que ninguén vaia pola rúa sen disfrace.
En Verín saen os cigarróns, unhas figuras que levan un traxe que pesa arredor de 25 quilos, contando coas chocas e coa máscara. Esta máscara está feita con madeira de bidueiro e remata cunha mitra de folla de lata decorada con motivos de animais. Ademais, visten camisa branca con gravata e chaqueta con galóns e flocos, calzón curto branco e medias tamén brancas. Levan chocas que fan soar cando bailan, saltan e corren, e na man levan unha fusta coa que chaman á orde.
Os peliqueiros van en fila, correndo e saltando polas rúas, abrindo paso coa fusta e coas chocas soando co movemento.
Os entroidos de Xinzo de Limia e de Verín teñen o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.
martes, 7 de febreiro de 2017
DÍA DA PAZ
Un ano máis celebramos no centro o Día da Paz. Este ano leuse primeiro unha historia da árbore da paz do Colexio Fermín Bouza Brey, que aqui vos deixamos por se queredes volver a lela. Despois colgamos as froitas e bailamos a Canción da Paz de Mamá Cabra.
Érase que se era unha árbore pequena
pero robusta coma un xigante. Era tan, tan bonita que todas as árbores
a admiraban, pero ela non se daba conta.
a admiraban, pero ela non se daba conta.
Ese día levantárase un pouco triste, porque nas súas ramas xa non quedaban follas nin froitos. Nin sequera unha folliña amarillenta a piques de caer.
Un tempiño antes a nosa árbore víase moi guapa, xa que tiña os froitos máis bonitos de todo o patio e estaba chea de follas de colores. Pero un día chegou o seu amigo vento que quería xogar con ela e como ela non quería, comezaron a pelexarse. A árbore, moi enfadada, non deixaba de moverse. O vento, enfurruñado tamén, sopraba cada vez máis forte e as ramas da árbore axitábanse cada vez máis. Cando o vento e a árbore esgotaron as súas forzas, as ramas da nosa amiga quedaran sen follas, sen froitos, máis baleira que nunca.
-¡ Qué tristeza! Co guapa que eu estaba…-comentou a árbore-. Agora xa non hai nada que facerlle.
-¿Pero qué che pasa?- preguntaron os nenos do Fermín Bouza Brey-
-Estiven a pelexar co vento e mirade o resultado: xa non teño froitos, nin follas para abrigarme. ¿Qué vou facer agora?.
-¡Nós podemos axudarte!. Podemos poñerte…follas de olivo- dixo unha nena.
- Pero non temos diso- responderon o resto dos nenos e nenas.
-Pois podemos poñerte…follas de pereira.- dixo outro neno.
-Pero non temos diso- responderon o resto dos nenos e nenas.
Os nenos e nenas pensaron e pensaron cómo podían axudar a pequena árbore que estaba tan triste. Entre todos decidiron axudarlle co que tiñan: con pinturas que lle devolveran a cor e a alegría, con palabras do corazón para que nunca máis se pelexase co vento e con froitas de papel que lle devolvesen o sorriso:
Colgaron fresas, cereixas e mazás para que nunca máis lle faltase a cor vermella dos bicos e do amor.
Colgaron mandarinas para que nunca máis lle faltase a cor laranxa dos abrazos e da amizade.
Colgaron peras para que nunca máis lle faltase a cor verde da esperanza e do esforzo.
Colgaron plátanos e limóns para que nunca máis lle faltase a cor amarela da alegría e da tolerancia.
Colgaron piñas para que nunca máis lle faltase a cor marrón do respecto e da xenerosidade.
E así, a nosa árbore recuperou a súa alegría e decidiu que nunca, nunca, nunca máis pelexaría co vento e xogarían xuntos como bos amigos.
E así foi como naceu a primeira
árbore da paz no colexio Fermín Bouza Brey.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)