mércores, 23 de decembro de 2015

FESTIVAL DE NADAL










Como cada ano por estas festas, quixemos celebrar o comenzo das vacacións cunha festa.Había moito traballo detrás. Moitas horas de preparativos e ensaios nas que mestres e alumnos puxeron todo o seu empeño e corazón para que fora unha festa inolvidable.
Panxoliñas, cancións, poemas e coreografías diferentes fixeron inevitables as risas e lágrimas entre o público.
Deixámosvos unha pequena mostra do que alí aconteceu.

FELICES FESTAS E BOAS LECTURAS!!!






martes, 15 de decembro de 2015

UN LIBRO POLO NADAL

                                   
Un ano máis facémosvos chegar as nosas recomendacións para o Nadal. Un bo momento para ler só ou en compañía.
Non vos esquenzadae de incluir un na vosa lista de agasallos.

BO  NADA E  FELICE LECTURAS!!!
                                          


                                               









luns, 14 de decembro de 2015

EXPOSICIÓN DE LIBROS PARA O NADAL

 As portas da nosa biblioteca abríronse durante este mes para presentar as novidades dalgunhas editoriais, dentro da nosa campaña "Un libro polo Nadal".  O noso alumnado estará visitándoa, e os martes pola tarde as familias,  para poder ir  escollendo posibles títulos para
a súa lista de agasallos.



 incluílos na lista de agasallos.

xoves, 10 de decembro de 2015

VISITA MUSICAL






O outro día puidemos disfrutar da música que nos trouxeron algúns compoñentes da banda de música de Xinzo.Presentáronnos instrumentos de vento, madera e metal: flauta travesera, saxo, clarinete e clarinete baixo, trombón e bombardino. Explicáronnos o seu funcionamento e tocáronnos algunhas pezas coñecidas como a de Supermario, unha de Frozen...

Grazas Iago, Álex, María, Fran, Adrián e Ángel por deleitarnos coa vosa música. 

luns, 9 de novembro de 2015

RELATOS DE MEDO NA BIBLIOTECA

Durante a pasada semana celebramos o Samaín na biblioteca. Alumnas e alumnos prepararon relatos de medo, terror e misterio inventadas por eles mesmos, que leron, e algúns incluso escenificaron, durante o recreo cun escenario perfecto.
A biblioteca ambientouse para a ocasión, coas luces apagadas, as velas encendidas e só un foco a media luz.
Non creades que os asistententes sentiron moito medo, máis ben curiosidade por este tipo de libros e por esta festa .
O ruído da porta que se abría e pechaba facían máis cribles os relatos.
Disfrutamos moito  e unha vez máis demostraron o seu talento.











luns, 2 de novembro de 2015

UN LIBRO...O MUNDO MÁXICO DA LECTURA


Os nosos corredores enchéronse de debuxos e carteis nos que reflexaban  o lema deste ano da biblioteca.

NORABOA A TODOS POLOS VOSOS TRABALLOS!!!








luns, 26 de outubro de 2015

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o Mes das Bibliotecas escolares propoñemos por unha banda  actividades relacionadas co lema deste ano, Biblioteca escolar, base de exploración:

-Exposición de diferentes libros de consulta nos que poderedes atopar as respostas ás preguntas que veredes aparecer polos corredores do centro.
-Exposición de libros de lectura de viaxes, exploracións, aventuras...





Por outra banda, actividades relacionadas co lema escollido para a nosa biblioteca este curso, Un libro...o mundo máxico da lectura.

  • Infantil coloreará o debuxo que lles proporcionará o equipo
  • Primeiro e segundo ciclo plasmarán o lema nun debuxo.
  • Terceiro ciclo elaborará un cartel publicitario no que apareza o lema.
Todos os traballos serán expostos nos corredores e escollerase un por ciclo que logo utilizarémolos como logo para as guías de lectura deste curso.O 26 daranse a coñecer os elixidos.




venres, 23 de outubro de 2015

CERTAME DE RELATOS DE MEDO



Dentro duns días celebraremos o Samaín. A Biblioteca volve convocar o Certame de relatos de medo. Este ano pedimos que os relatos teñan algo que ver co lema proposto ,Un libro...o mundo máxico da lectura.Poden participar todos os cursos que o desexen.
Os alumn@s que queiran lelos poderán facelo na Biblioteca nas datas que vos comunicaremos. Poden tamén representalos e disfrazarse para a representación. Animádevos a facelo xa que para os espectadores resulta máis divertido.

PASARÉMOLO DE MEDO!!!

xoves, 22 de outubro de 2015

MARCHA SOLIDARIA CONTRA O CANCRO DE MAMA

Este luns 19 de outubro,  estivemos apoiando ás víctimas do cancro de mama e aos seus familiares. Unha “Marea Rosa”  invadiu a nosa vila para reivindicar máis sensibilidade e maior colaboración de persoas e instituciós na  loita contra este cancro. Escolares do municipio, acompañados de profesores, familiares e veciños puidemos disfrutar desa mostra de solidariedade. Un día moi positivo e inolvidable.










sábado, 3 de outubro de 2015

I MARCHA SOLIDARIA EN APOIO AOS ENFERMOS DE CANCRO DE MAMA

Este ano dende a biblioteca queremos crear un espazo para a SOLIDADRIEDADE  apoiando diferentes accións. Unha das primeiras vai ser a participación na  I MARCHA SOLIDARIA EN APOIO AOS ENFERMOS DE CANCRO DE MAMA o día 19 deste mes.


Na saída e chegada cantaremos e bailaremos todos xuntos  a canción “HOY TODO VA A SALIRME BIEN” de “EL ARREBATO”.
Deixarémosvos o enlace ao vídeo titorial para que vaiades practicando.