Para celebrar o Mes das Bibliotecas escolares propoñemos por unha banda actividades relacionadas co lema deste ano,
Biblioteca escolar, base de exploración:
-Exposición de diferentes libros de consulta nos que poderedes atopar as respostas ás preguntas que veredes aparecer polos corredores do centro.
-Exposición de libros de lectura de viaxes, exploracións, aventuras...
Por outra banda, actividades relacionadas co lema escollido para a nosa biblioteca este curso,
Un libro...o mundo máxico da lectura.
- Infantil coloreará o debuxo que lles proporcionará o equipo
- Primeiro e segundo ciclo plasmarán o lema nun debuxo.
- Terceiro ciclo elaborará un cartel publicitario no que apareza o lema.
Todos os traballos serán expostos nos corredores e escollerase un por ciclo que logo utilizarémolos como logo para as guías de lectura deste curso.O 26 daranse a coñecer os elixidos.