Páxinas

martes, 7 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ


Un ano máis celebramos no centro o Día da Paz. Este ano leuse primeiro unha historia da árbore da paz do Colexio Fermín Bouza Brey, que aqui  vos deixamos por se queredes volver a lela. Despois colgamos as froitas  e bailamos a Canción da Paz  de Mamá Cabra.


Érase que se era unha árbore pequena pero robusta coma un xigante. Era tan, tan bonita que todas as árbores 
admiraban, pero ela non se daba conta.

Ese día levantárase un pouco triste, porque nas súas ramas xa non quedaban follas nin froitos. Nin sequera unha folliña amarillenta  a piques de caer.

Un tempiño antes a nosa árbore víase moi guapa, xa que tiña os froitos máis bonitos de todo o patio e estaba chea de follas de colores. Pero un día chegou o seu amigo vento que quería xogar con ela e como ela non quería, comezaron a pelexarse. A árbore, moi enfadada, non deixaba de moverse. O vento, enfurruñado tamén, sopraba cada vez máis forte e as ramas da árbore axitábanse cada vez máis. Cando o vento e a árbore esgotaron as súas forzas, as ramas da nosa amiga quedaran sen follas, sen froitos, máis baleira que nunca.

-¡ Qué tristeza! Co guapa que eu estaba…-comentou a árbore-. Agora xa non hai nada que facerlle.

-¿Pero qué che pasa?- preguntaron os nenos do Fermín Bouza Brey-

-Estiven a pelexar co vento e mirade o resultado: xa non teño froitos, nin follas para abrigarme. ¿Qué vou facer agora?.

-¡Nós podemos axudarte!. Podemos poñerte…follas de olivo- dixo unha nena.

- Pero non temos diso- responderon o resto dos nenos e nenas.

-Pois podemos poñerte…follas de pereira.- dixo outro neno.

-Pero non temos diso- responderon o resto dos nenos e nenas.

Os nenos e nenas pensaron e pensaron cómo podían axudar a pequena árbore que estaba tan triste. Entre todos decidiron axudarlle co que tiñan: con pinturas que lle devolveran a cor e a alegría, con palabras do corazón para que nunca máis se pelexase co vento e con froitas de papel que lle devolvesen o sorriso:

Colgaron fresas, cereixas e mazás para que nunca máis lle faltase a cor vermella dos bicos e do amor.

Colgaron mandarinas para que nunca máis lle faltase a cor laranxa dos abrazos e da amizade.

Colgaron peras para que nunca máis lle faltase a cor verde da esperanza e do esforzo.

Colgaron plátanos e limóns para que nunca máis lle faltase a cor amarela da alegría e da tolerancia.

Colgaron piñas para que nunca máis lle faltase a cor marrón do respecto e da xenerosidade.

E así, a nosa árbore recuperou a súa alegría e decidiu que nunca, nunca, nunca máis pelexaría co vento e xogarían xuntos como bos amigos.

E así foi como naceu a primeira árbore da paz no colexio Fermín Bouza Brey. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario