Un ano máis celebramos no centro o Día da Paz. Este ano leuse primeiro unha historia da árbore da paz do Colexio Fermín Bouza Brey, que aqui vos deixamos por se queredes volver a lela. Despois colgamos as froitas e bailamos a Canción da Paz de Mamá Cabra.
Érase que se era unha árbore pequena
pero robusta coma un xigante. Era tan, tan bonita que todas as árbores
a admiraban, pero ela non se daba conta.
a admiraban, pero ela non se daba conta.
Ese día levantárase un pouco triste, porque nas súas ramas xa non quedaban follas nin froitos. Nin sequera unha folliña amarillenta a piques de caer.
Un tempiño antes a nosa árbore víase moi guapa, xa que tiña os froitos máis bonitos de todo o patio e estaba chea de follas de colores. Pero un día chegou o seu amigo vento que quería xogar con ela e como ela non quería, comezaron a pelexarse. A árbore, moi enfadada, non deixaba de moverse. O vento, enfurruñado tamén, sopraba cada vez máis forte e as ramas da árbore axitábanse cada vez máis. Cando o vento e a árbore esgotaron as súas forzas, as ramas da nosa amiga quedaran sen follas, sen froitos, máis baleira que nunca.
-¡ Qué tristeza! Co guapa que eu estaba…-comentou a árbore-. Agora xa non hai nada que facerlle.
-¿Pero qué che pasa?- preguntaron os nenos do Fermín Bouza Brey-
-Estiven a pelexar co vento e mirade o resultado: xa non teño froitos, nin follas para abrigarme. ¿Qué vou facer agora?.
-¡Nós podemos axudarte!. Podemos poñerte…follas de olivo- dixo unha nena.
- Pero non temos diso- responderon o resto dos nenos e nenas.
-Pois podemos poñerte…follas de pereira.- dixo outro neno.
-Pero non temos diso- responderon o resto dos nenos e nenas.
Os nenos e nenas pensaron e pensaron cómo podían axudar a pequena árbore que estaba tan triste. Entre todos decidiron axudarlle co que tiñan: con pinturas que lle devolveran a cor e a alegría, con palabras do corazón para que nunca máis se pelexase co vento e con froitas de papel que lle devolvesen o sorriso:
Colgaron fresas, cereixas e mazás para que nunca máis lle faltase a cor vermella dos bicos e do amor.
Colgaron mandarinas para que nunca máis lle faltase a cor laranxa dos abrazos e da amizade.
Colgaron peras para que nunca máis lle faltase a cor verde da esperanza e do esforzo.
Colgaron plátanos e limóns para que nunca máis lle faltase a cor amarela da alegría e da tolerancia.
Colgaron piñas para que nunca máis lle faltase a cor marrón do respecto e da xenerosidade.
E así, a nosa árbore recuperou a súa alegría e decidiu que nunca, nunca, nunca máis pelexaría co vento e xogarían xuntos como bos amigos.
E así foi como naceu a primeira
árbore da paz no colexio Fermín Bouza Brey.
Ningún comentario:
Publicar un comentario